Nitro foi unha canle de televisión española privada, de ámbito nacional, que emitía en dixital e operada por Atresmedia que emitía a través da TDT e nas plataformas de televisión de pago R, ONO, Canal+, Euskaltel e Imagenio en España. Comezou as súas emisións o 23 de agosto de 2010 e cesounas o 5 de maio do 2014. A programación estaba orientada ao público masculino.Antena 3 prevé unha cota do 1% a final de ano para Nitro Fórmula TV A canle está orientado ao público masculino, con series que tiveron éxito na súa emisión na cadea matriz (Antena 3), redifusións, espazos de produción propia, humor, deporte, como a Fórmula 1 e Pelota vasca e cine.

Historia As súas emisións en probas comezaron o 2 de agosto de 2010 ás 8:00 (UTC+2). Durante 3 semanas, Nitro emitiu un bucle continuo co avance da súa programación. O 23 de agosto de 2010 ás 13:30 pasadas comezaron as súas emisións regularesAntena 3 presenta Antena.Nitro Jenesaispop coa emisión da serie Pacific Blue.

O 20 de agosto de 2010 a canle incorporouse ao dial 43 do operador de pago ONO, aínda co seu bucle de probas, pois non inicio emisións ata o luns 23 de agosto de 2010 ás 13:30h.

O 12 de maio de 2011 estrea en televisión en primicia mundial a serie de 13 episodios Justicia extrema, protagonizada e dirixida por Steven Segal.

O 14 de xullo de 2011 a canle incorporouse ao dial 97 do operador de pago Canal+.

O 16 de agosto de 2011 a canle incorporouse ao dial 36 do operador de pago Imagenio.

Fin das emisións A canle cesou as súas emisión o 5 de maio do 2014, como consecuencia dunha sentenza xudicial do Tribunal Supremo que anulou a concesión de nove canles da TDT, debido a que foron outorgadas sen o preceptivo concurso público que rexe a Lei Audiovisual.El Supremo ordena el cierre de nueve canales de TDT¿Por qué van a desaparecer en un mes 9 canales de su televisor?laSexta3, Xplora, Nitro, Nueve y LaSiete echarán el cierre

Audiencias Evolución da cota de pantalla mensual, segundo as medicións de audiencia elaborados en España por TNS. Están en letra grosa e amarelo os meses en que foi líder de audiencia.

XaneiroFebreiroMarzoAbrilMaioXuñoXulloAgostoSetembroOutubroNovembroDecembroMedia anual2010--------1,3%1,2%1,1%**1,2%1,2%20111,1%1,4%1,3%1,3%1,3%1,3%1,6%1,7%1,5%1,5%1,4%1,4%1,4%20121,5%1,5%1,6%1,5%1,5%1,5%1,8%1,6%1,5%1,5%1,6%1,7%1,5%20131,6%1,7%1,8%1,7%1,7%1,6%1,8%2,0%*1,8%1,6%1,7%1,6%1,7%20141,6%1,6%1,7%1,7%1,5%-------1,6%

* Máximo histórico. | ** Mínimo histórico.

O 20 de novembro, Nitro conseguiu o seu récord histórico cun gran 2,8% de cota de pantalla en todo o día.

Notas

Categoría:Canles de Atresmedia Categoría:Cadeas de televisión de España