Lois XII ou Luís XII de Francia ou Lois de Orleans, tamén alcumado co nome de Pai do pobo,Alcume que que recibiu na xunta dos Estados Xerais de 1506 foi un monarca da Casa de Valois quen gobernou como rei de Francia desde 1498 ata 1515 e como rei de Nápoles desde 1501 ata 1504, nado en Blois (Francia) o 27 de xuño de 1462 e finado en París o 1 de xaneiro de 1515. Fillo de Carlos I de Orleans e María de Clèves. É coroado como rei de Francia tras falecer o seu primo Carlos VIII e sen deixar descendencia. Estivo casado con Xoana de Valois, con Ana da Bretaña, con quen tivo dúas fillas, a futura raíña de Francia Claudia (1499-1524) e Renata (1510-1575), e con María Tudor. Traxectoria miniatura|esquerda|120px|O seu símbolo, un porco espiño en Ruán.
Era fillo de Carlos I de Orleans (alcumado como príncipe poeta) e de María de Clèves neto do duque Lois de Valois (irmán máis novo do rei Carlos VI), que foi asasinado en 1407 polo duque Xoán Sen Medo de Borgoña e bisneto de Carlos V de Francia. En 1465 ao quedar orfo foi adoptado polo rei Lois XI, ao mesmo tempo que recibía os títulos dos ducados de Valois e de Orleans. Casou por primeira vez en 1476 coa princesa Xoana de Valois, filla do rei Lois XI de Francia e de Carlota de Savoia. Con este matrimonio non tivo fillos polo que Lois consegue, en 1498, que o papa Alexandre VI anule o seu primeiro matrimonio (para iso deulle ao fillo de Alexandre, César Borgia o ducado de Valentinois) baseándose en que o casamento fora imposto por Lois XI. O matrimonio foi anulado a fin de permitir que casase coa viúva de Carlos, a ex raíña consorte, Ana da Bretaña (1477-1514), que era a filla e herdeira de Francisco II da Bretaña, nunha estratexia destinada a integrar o ducado da Bretaña na monarquía francesa.
En 1484, descontento coa rexencia de Ana de Francia, participa na chamada Guerra tola e cae prisioneiro na batalla de Saint-Aubin-du-Cormier, en xullo de 1488. Indultado tras tres anos de prisión, segue ao seu curmán o rei Carlos VIII a Italia onde fracasará nos seus plans de conquistar o ducado de Milán, para o seu propio beneficio, durante a que seria coñecida como primeira guerra de Italia.
Casou, en segundas nupcias, o 8 de xaneiro de 1499 en Nantes coa duquesa Ana da Bretaña, viúva do seu primo Carlos VIII de Francia. Desta unión naceron: A princesa Claudia de Francia (1499 - 1524), casada en 1514 con Francisco I de Francia A princesa Renata de Francia (1509 - 1575), casada en 1528 co duque Hércules II de Ferrara Un fillo sen nome (1508) Un fillo morto ao nacer (1512)
O 9 de outubro de 1514 casou en terceiras nupcias, en Abbeville coa princesa María Tudor, filla de Henrique VII de Inglaterra e Isabel de York. Desta unión non tivo fillos.
Morte Lois morreu o 1 de xaneiro de 1515, e foi enterrado na Basílica de San Denis. Debido á tradición da lei sálica, que non permitía ás mulleres herdar o trono de Francia, foi sucedido polo fillo do seu primo irmán, Francisco I (que tamén era o seu xenro), quen fundou a súa propia liña dinástica de reis franceses.
Notas
Véxase tamén Bibliografía André Maurois (1951): Historia de Francia. Editorial Surco. Madrid. Hochner, Nicole (2006): Louis XII: Les dérèglements de l’image royale, collection «Époques» Seyssel: Champ Vallon
Categoría:Reis de Francia Categoría:Nados en 1462 Categoría:Finados en 1515 Categoría:Antigo Réxime Categoría:Duques da Bretaña