Eschen é un concello situado no norte do principado de Liechtenstein. Contaba en 2010 cunha poboación de 4.215 habitantes.

Xeografía Limita de suroeste a norte co municipio de Gamprin, ao nordés con Schellenberg, ao leste con Mauren, ao sueste con Frastanz (Austria), Planken e o exclave de Gamprin, e ao sur con Schaan.

O municipio posúe ademais o exclave de Nendeln, grazas ao cal limita tamén cun exclave do municipio de Vaduz, así como coas comunas suízas de Sennwald e Buchs.

Lugares de interese Sportpark Eschen-Mauren, estadio do USV Eschen/Mauren. Igrexa de San Martín. Balneario de Eschen.

200px|miniatura|left|Igrexa de San Martín Comunicacións Eschen é famosa pola venda das súas bicicletas, xa que son as máis baratas de todo o país. Para chegar á cidade, é necesario ir en autobús ou en coche, aínda que o transporte ferroviario tamén está moi frecuentado polos aldeáns. A estación de ferrocarril máis próxima está en Ruggell, ao norte do principado.

Deportes Destaca en Eschen o seu equipo de fútbol, o USV Eschen/Mauren, con sede nas dúas cidades. Ademais do fútbol, destaca o hóckey, a patinaxe sobre xeo, a natación, o balonmán, o esquí e carreiras de zorras, entre outras disciplinas deportivas tanto de verán como de inverno.

Véxase tamén Ligazóns externas

Sitio oficial do municipio de Eschen

Categoría:Concellos de Liechtenstein