Dise que un xiro é levoxiro (do latín laevus, 'esquerda', e gȳrus, 'xiro') cando se efectúa cara á esquerda, é dicir, no sentido contrario ao das agullas do reloxo, en contraposición ao sentido dextroxiro. O concepto tamén se coñece como levorrotatorio e pódese usar nos seguintes contextos:

En física, diversos fenómenos atinxen á dualidade levoxiro / dextroxiro, como a polarización óptica. En química, cualifícase así á substancia que ten a propiedade de facer xirar o plano da luz polarizada cara á esquerda, en contraposición ás substancias dextroxiras. Véxase Isomería, enantiómero e quiralidade. En bioquímica, isómero óptico cuxo carbono asimétrico se encontra desprazado cara á dereita, e é a imaxe especular do mesmo isómero levoxiro. En matemáticas, o sistema de referencia que cumpre a regra da man esquerda. En bioloxía, en zooloxía, o sentido de xiro do remuíño do pelo cando os cabelos están colocados no sentido contrario ao das agullas do reloxo. en botánica refírese á dirección do movemento (por exeplo, dun caule volúbel) da esquerda para a dereita, contrario ao das agullas do reloxo.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Dextroxiro

Categoría:Bioquímica Propiedades físicas Categoría:Propiedades químicas Categoría:Quiralidade