8madrid é unha canle madrileña de televisión local de carácter autonómico, que emite na Comunidade de Madrid. Pertence a Televisión Digital Madrid S.L.U., grupo xestionado polo presidente do Atlético de Madrid, Enrique Cerezo.
A oferta de 8madrid TV está baseada principalmente no cine nacional e internacional, xa que a oferta cinematográfica de Enrique Cerezo conta cun catálogo de máis de 3000 películas. A cadena emite cine sen cortes publicitarios nun 80%. O resto da programación da canle está composta por series, debuxos animados, programas de cociña, ademais de telenovelas e cine erótico de madrugada.
En abril de 2008, 8madrid chega a un acordo con CRN para a produción dos informativos locais, baixo a marca CRN Madrid. Esta colaboración mantívose ata comezos de 2010, cando a canle decidiu producir os seus propios informativos.
Categoría:Cadeas de televisión da Comunidade de Madrid