Slash Records é un selo discográfico estadounidense baseado na cidade californiana dos Ánxeles e orixinalmente especializado en bandas locais e bandas de punk rock.

Historia A etiqueta fundouna no ano 1978 Bob Biggs a raíz do fancine Slash. Biggs, que era pintor, iniciou o selo cun sinxelo en 7" de The Germs. O ano seguinte publicou un álbum completo do grupo, ao que lle seguiu o álbum Los Angeles da banda X en 1980. Ata 1981 o selo foi distribuído a través de Jem, pero esa compañía entrou en bancarrota e Slash asinou un contrato de distribución con Warner Bros., un movemento que estivo entre as primeiras colaboracións dun selo que se iniciou como independente e unha gran discográfica. Durante o tempo deste acordo, a etiqueta lanzou álbums de prominentes bandas de punk e rock de Los Angeles, como Fear, The Blasters, L7 e Los Lobos.

Slash Records floreceu incluso despois de que o fancine deixase de editarse en 1980. No ano 1981 creouse unha subsidiaria, Ruby Records, que editou álbums de Misfits, Dream Syndicate e The Gun Club. Cara mediados da década dos 80, Slash estendérase máis aló de Southern California, lanzando discos de Robyn Hitchcock e Burning Spear.

O selo foi vendido a London Records en 1986. Dende 1982 ata 1996, os lanzamentos de Slash Records foron distribuídos nos Estados Unidos por Warner Bros. Records, e no resto do mundo por Mercury Records.

Universal Music Group (o dono de American Decca) creouse pola fusión das familias MCA e PolyGram Records, a última das cales posuía a London Records, no ano 2000 e pechou Slash como un selo activo. Cando o presidente de London Records Roger Ames pasouse ao Warner Music Group retivo os dereitos de London e Slash, e o vello catálogo de Slash foi adquirido por Warner. No ano 2003 Ames relicenzou o uso do nome de Slash de novo a Bob Biggs, que entón relanzou o selo.

Artistas destacados

Asian Dub Foundation The Blasters BoDeans Bonnie Hayes with the Wild Combo Burning Spear Dream Syndicate Failure Faith No More Fear Field Trip The Germs GRADUATION DAY Grant Lee Buffalo Green on Red Gun Bunnies The Gun Club Harvey Danger Imperial Teen L7 Los Lobos Misfits The Plugz Rammstein Rank and File Soul Coughing Steel Pole Bath Tub Tribe Violent Femmes X

Categoría:Discográficas dos Estados Unidos de América