Agro del Miño foi un periódico editado en Goián (Tomiño) en 1931.
Historia e características Subtitulado Periódico agrario, apareceu en xaneiro de 1931. Foi continuación de El Agro de Tomiño e recollía informacións sobre as sociedades agrarias do partido xudicial de Tui. O seu director era Francisco Rodríguez Otero e entre os seus redactores estaba Daniel Calzado.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra
Categoría:Prensa escrita de Tomiño Categoría:1931 en Galicia Categoría:Prensa agraria