El Campesino foi un semanario publicado en Lavadores entre 1900 e 1909.
Historia e características
Subtitulado Semanario defensor de la Sociedad de Agricultores de Lavadores, apareceu o 21 de outubro de 1900.Revista Gallega, 9-12-1900, p. 2. Era o órgano das sociedades agrícolas do distrito de Lavadores. Estaba dirixido por José Quintas Davila. Periódico semanal, aparecía os domingos, e dende o 14 de decembro os sábados. Defendíanse os principios agraristas e anticaciquís, en oposición aos seguidores do marqués de Riestra. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos El Campesino (1929)
Categoría:Prensa escrita de Vigo Categoría:Prensa agraria Categoría:1900 en Galicia