300px|miniatura|Ministerio de Política Territorial e Función Pública. 300px|miniatura|dereita|Sede da Delegación do Goberno en Galicia, na Coruña. As Delegacións do Goberno, na Administración Pública de España, son órganos correspondentes á organización periférica do Estado. Teñen carácter político, e os seus titulares ostentan a condición de Alto Cargo, en concreto o de Subsecretario. As súas funcións principais son as de representar ó Goberno na Comunidade Autónoma correspondente, así como dirixir a Administración do Estado no territorio autonómico e coordinala coa administración propia da Comunidade Autónoma, como di o artigo 154 da Constitución española de 1978.
Regúlase na Sección 1ª do Capítulo II da Lei 6/1997, de Organización e funcionamento da Administración Xeral do Estado (LOFAGE), artigos 22 a 28. Entre as súas competencias recóllense as relativas á dirección da Delegación do Goberno (designar os Subdelegados do Goberno ou entregar cada ano un informe ó Goberno, a través do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, sobre o funcionamento dos servizos públicos estatais e a súa avaliación global, entre outros); competencias en materia de información ós cidadáns; sobre simplificación de estruturas; competencias na Dirección dos servizos territoriais integrados; ou, na relación con outras Administracións territoriais; así como exercer a xefatura das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, baixo a dependencia funcional, nesta materia, do Ministerio do Interior. Asume ademais, as competencias sancionadoras atribuídas ós Gobernadores Civís pola LO 1/1992 sobre Protección da Seguridade Cidadá. En 1997, coa LOFAGE, a figura de Gobernador Civil, creada no século XIX, foi substituída pola do Subdelegado do Goberno.
Para o mellor cumprimento da función directiva e coordinadora da Delegación do Goberno, creouse en cada unha das Comunidades Autónomas pluriprovinciais unha Comisión territorial de asistencia ó Delegado do Goberno, presidida polo Delegado do Goberno e integrada polos Subdelegados do Goberno nas provincias comprendidas no territorio desta. Nas illas Baleares e as Canarias intégranse tamén os Directorios Insulares.
No ano 2000 creouse a Delegación do Goberno para Estranxeiría e Inmigración, con competencias nesas materias.
Os Delegados do Goberno son nomeados por Real Decreto do Consello de Ministros, a proposta do Presidente do Goberno, e terán a súa sede na localidade na que radique o Consello de Goberno autonómico, salvo que o Consello de Ministros diga outra cousa e sen prexuízo do que se dispoña no Estatuto de Autonomía.
Existen 19 Delegacións do Goberno: Galicia (A Coruña) Andalucía (Sevilla) Aragón (Zaragoza) Asturias (Oviedo) Baleares (Palma de Mallorca) Canarias (As Palmas de Gran Canaria) Cantabria (Santander) Castela-A Mancha (Toledo) Castela e León (Valladolid) Cataluña (Barcelona) Euskadi (Vitoria) Estremadura (Badaxoz) Madrid (Madrid) Murcia (Murcia) Navarra (Pamplona) A Rioxa (Logroño) Valencia (Valencia) Ceuta Melilla
Véxase tamén Outros artigos Delegación do Goberno en Galicia Ligazóns externas Delegacións do Goberno . Delegación do Goberno en Galicia .
Categoría:Política de España