miniatura|300px|Capitais de provincia, máis Santiago de Compostela e Mérida (capitais de Comunidades Autónomas que non o son das súas provincias) e Vigo, Xixón e L'Hospitalet de Llobregat (cidades con máis de 250.000 habitantes que non son capitais); segundo a formación política na alcaldía como resultado das eleccións de 2011:O PP consegue a alcaldía de 34 capitais de provincia, Santiago de Compostela e MéridaO PSOE consegue a alcaldía de 9 capitais de provincia, Vigo e L'Hospitalet de LlobregatCiU consegue a alcaldía de 2 capitais de provincia (Barcelona e Xirona)EAJ-PNV consegue a alcaldía de BilbaoBildu consegue a alcaldía de DonostiaCC-PNC-CCN consegue a alcaldía de Santa Cruz de TenerifeO BNG consegue a alcaldía de PontevedraFAC consegue a alcaldía de XixónUPN consegue a alcaldía de Pamplona.

De acordo co establecido pola Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral (LOREG),Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral, en noticias.juridicas.com o 22 de maio de 2011 (cuarto domingo de maio), celebráronse en España eleccións municipais. O 29 de marzo foi publicado no BOE o Decreto de convocatoria.Real Decreto 424/2011, de 28 de marzo, polo que se convocan eleccións locais e ás Asembleas de Ceuta e Melilla para o 22 de maio de 2011.

Por outra parte, na mesma xornada, tamén se celebraron eleccións en trece das dezasete comunidades autónomas españolas (Asturias, Cantabria, Navarra, Castela e León, A Rioxa, Comunidade Valenciana, Comunidade de Madrid, Castela-A Mancha, Rexión de Murcia, Canarias, Illas Baleares, Aragón e Estremadura) e nas dúas cidades autónomas (Ceuta e Melilla); ás Xuntas Xerais do País Vasco; aos Cabidos Insulares canarios; aos Consellos Insulares de Baleares; ao Consello Xeral de Arán; aos concellos de Navarra; e ás entidades de ámbito territorial inferior ao municipio.

En 35 municipios e en 110 entidades menores houbo que repetir as eleccións o 20 de novembro do mesmo ano (coincidindo coas Eleccións a Cortes Xerais), ben por defectos no reconto dalgunha mesa, por defectos na comunicación de resultados, ou pola falta de candidatos.

Reforma da lei electoral

Transfuguismo político O 29 de xaneiro de 2011 foi publicada no Boletín Oficial del Estado a reforma da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral.El Senado da luz verde a la reforma global de la Ley Electoral Esta reforma imposibilita as mocións de censura con tránsfugas, ao requirirse unha maioría maior á absoluta no mesmo número de concelleiros propoñentes da moción de censura que pertencen ao mesmo grupo político municipal que o do alcalde ou ben deixasen de pertencer ao grupo político ao que se adscribiron ao inicio de lexislatura.Artigo 197 da lei orgánica 2/2011, do 28 de xaneiro, pola que se modifica a Lei orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do réxime electoral xeral.

Na lexislatura previa ás eleccións déronse 59 casos de alcaldes declarados tránsfugas.El PSOE ofrece no presentar ningún candidato tránsfuga si todos hacen lo mismo, en elmundo.es Deles, 19 mantivéronse no PP, 10 no PSOE, catro en CiU, dous no Partido Andalucista, dous en ERC, un en IU, un en Nueva Canarias e 19 pasaron a ser non adscritos. Destes 19, nove fórono do PSOE, tres do PP, dous de IU, dous do Partido Andalucista, un do Partido Regionalista de Cantabria, un de Coalición Canaria e outro de Unión del Pueblo Navarro.

Voto inmigrante e emigrante Nestas eleccións puideron votar os cidadáns dos países da Unión Europea sempre e cando tivesen manifestado a súa vontade de votar ante a oficina do censo electoral e estiveran empadroados. Ademais, tamén puideron votar os cidadáns dos países con acordos de reciprocidade, estes países foron: Bolivia, Cabo Verde, Chile, Colombia, Ecuador, Islandia, Noruega, Nova Zelandia, Paraguai e o Perú. Os requisitos para inscribirse no censo electoral e así votar foron: ser maior de 18 anos e non estar privado do dereito de sufraxio activo, estar empadroado, ter o permiso de residencia e ter residido legalmente 5 ou 3 anos no caso de Noruega.

A oficina do censo electoral enviou 350.135 comunicacións informadoras aos inmigrantes de fóra da Unión Europea, así como 757.495 aos da UE.

Por outro lado, outra das novidades da reforma da lei electoral foi a de impedir o voto daqueles non residentes no municipio, polo tanto, todos os españois residentes no estranxeiro non puideron votar nas eleccións municipais; este cambio afectou principalmente os municipios de Galiza onde o voto exterior podía supoñer preto do 40% nalgúns concellos.O censo exterior bate marcas cando queda sen poder votar

Composición equilibrada entre sexos A partir do 1 de xaneiro de 2011 a composición equilibrada das listas electorais entre sexos é de obrigatorio cumprimento nos municipios de máis de 3.000 habitantes, ao deixar de ser aplicable a Disposición Transitoria Sétima da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral.Disposición Transitoria Sétima, da Lei Orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral

Campaña Lemas electorais Os slogans dos principais partidos foron estes: Partido Popular: Centrados en ti.Centrados en Ti - PP Partido Socialista Obrero Español: Para que gane tu ciudad.'Para que gane tu ciudad', eslogan de los socialistas para las municipales - El Mundo Izquierda Unida: Sobran motivos. UPyD: #votoutil. EAJ-PNV: Onena emateko garaia/El momento de dar lo mejor.

Candidatos Na seguinte táboa figuran os candidatos ás alcaldías dos municipios españois con máis de 250.000 habitantes, ordenados segundo os resultados obtidos na anterior convocatoria de eleccións de 2007:

Municipio e alcalde na anterior lexislatura Candidatos Observacións <center>50pxMadrid3 273 049 hab.Alberto Ruiz-Gallardón Jiménez (PP) PP: Alberto Ruiz-Gallardón Jiménez PSOE: Jaime Lissavetzky Díez IU-LV: Ángel Pérez Martínez Outras candidaturas presentadas: ECOLO, AES, PACMA, PUM+J, FE de las JONS, PFyV, FE, PCPE, PH, PCAS, FA, ULEG, CenB, C's, CYD, PARFE, PDMA, PIRATA, POSI, REG, UCE e UPyD. <center>50pxBarcelona1 619 337 hab.Jordi Hereu i Boher (PSC-PM) PSC-PM: Jordi Hereu Boher CiU: Xavier Trias i Vidal de Llobatera PP: Alberto Fernández Díaz ICV-EUiA-E: Ricard Gomà Carmona UxB: Jordi Portabella i Calvete Outras candidaturas presentadas: C's, PACMA, PCPC, PRE-IR, PUM+J, PFyV, PH, PxC, CUP-AB, Eb-CenB, EV-GVE, FE de las JONS, LBB, PATO, PDLPEA, PIRATA.CAT, SAIn, SI, UCE e UPyD. Unitat per Barcelona (UxB) foi unha coalición formada por Esquerra Republicana de Catalunya, Democràcia Catalana e Reagrupament.'Unitat per Barcelona', la marca electoral de Laporta y Portabella <center>60pxValencia809.267 hab.Rita Barberá Nolla (PP) PP: Rita Barberá Nolla PSOE: Joan Calabuig Rull Outras candidaturas presentadas: EUPV, COMPROMÍS, CVa, ESQUERRA-AM, E2000, PUM+J, PCPE, UxV, DN, PH, CDL, ENV-RV/PVE, FA, La República, PACMA, Pdex, PDMA, PFyV, SOSDM, UCE, UPyD e VERDS. <center>60pxSevilla704.198 hab.Alfredo Sánchez Monteseirín (PSOE) PP: Juan Ignacio Zoido Álvarez PSOEdeA: Juan Espadas Cejas IULV-CA: Antonio Rodrigo Torrijos Outras candidaturas presentadas: PA-EPAND, LV-AE, PACMA, SAIn, PUM+J, GCI, FE de las JONS, PH, CenB, DN, ele, MD, UPA e UPyD. <center>60pxZaragoza675.121 hab.Juan Alberto Belloch Julbe (PSOE-Aragón) PSOE-Aragón: Juan Alberto Belloch Julbe PP de Aragón: Eloy Suárez Lamata CHA: Juan Martín Expósito PAR: Rosario Isabel Santos Fernández IUA: José Manuel Alonso Plaza Outras candidaturas presentadas: ECOLO, FIA, pCUA, PACMA, CDL, PUM+J, PFyV, PH, AES, Compromiso con Aragón, LV-GV, L’VIA, PCPE, TA e UPyD. <center>60pxMálaga568.507 hab.Francisco de la Torre Prados (PP) PP: Francisco de la Torre Prados PSOEdeA: María Gámez Gámez IULV-CA: Pedro Moreno Brenes Outras candidaturas presentadas: LV-AE, PACMA, PH, AUN, CenB, C's, FE de las JONS, PARTICIPA, CVM-EPAND, PCPE, PDLPEA, PIRATA, SAIn, UCE e UPyD. <center>45pxMurcia441.345 hab.Miguel Ángel Cámara Botía (PP) PP: Miguel Ángel Cámara Botía PSOE: Pedro López Hernández IUV-RM: Esther Herguedas Aparicio Outras candidaturas presentadas: LV- ECOLO, CDL, PUM+J, CDUR, CENTRISTAS, CYD, PACMA/ZAAAA, PEE, PRDE, UCE e UPyD. IU sen LV. <center>50pxPalma404.681 hab.Aina Calvo Sastre (PSOE) PP: Mateu Isern Estela PSOE: Aina Calvo Sastre PSM-IV-EN-APIB-PACMA: Antoni Verger Martínez EUIB: Aina Comas Delgado CxI: Miquel Munar Cardell Outras candidaturas presentadas: ASI, TD, PIIB, CCD, CenB, C's, ESQUERRA-AM, IB-LLIGA, MSR, PFyV, PLIE, PRB+i e UPyD. UM presentouse refundada en Convergència per les Illes. <center>60pxAs Palmas de Gran Canaria383.308 hab.Jerónimo Saavedra Acevedo (PSOE) PSOE: Jerónimo Saavedra Acevedo PP: Juan José Cardona González C.G.C.a.: Nardy Barrios Curbelo NCa: Pedro Quevedo Iturbe Outras candidaturas presentadas: CC-PNC-CCN, LV, IUC, VU, PCPC, UP, ANC, ACSSP, CDL, CIUCA, DN, LDC, PH, PUM+J, SCC e UPyD. <center>50pxBilbao353.187 hab.Iñaki Azkuna Urreta (EAJ-PNV) EAJ-PNV: Iñaki Azkuna Urreta PP: Cristina Ruiz Bujedo PSE-EE(PSOE): Txema Oleaga Zalbidea EB-B: Jon Sustatxa Díaz Outras candidaturas presentadas: Aralar, Bildu, B-LV, PUM+J, PH, EKA, PACMA/ZAAAA, PFyV, POSI, UCE e UPyD. Ezker Batua-Berdeak presentouse nas eleccións de 2007 con Aralar. <center>60pxAlacant334.418 hab.Sonia Castedo Ramos (PP) PP: Sonia Castedo Ramos PSOE: Elena Martín Crevillén Outras candidaturas presentadas: EUPV, COMPROMIS, VA, VERDES, FA, ESQUERRA-AM, PCPE, E2000, PACMA/ZAAAA, Pdex, PFyV e UPyD. <center>50pxCórdoba328.547 hab.Andrés Ocaña Rabadán (IULV-CA) PP: José Antonio Nieto Ballesteros IULV-CA: Andrés Ocaña Rabadán PSOEdeA: Juan Pablo Durán Sánchez Outras candidaturas presentadas: PA-EP-And, ECOLO, CenB, PCPE, PUM+J, SAIn, UCOR, UNIEN, UPyD. <center>60pxValladolid315.522 hab.Francisco Javier León de la Riva (PP) PP: Francisco Javier León de la Riva PSOE: Óscar Puente Santiago IUCyL: Manuel Saravia Madrigal Outras candidaturas presentadas: PCAL-CI, PCAL, PACMA, SAIn, PCPE, FE de las JONS, URCL, PH, CenB, PFyV e UPyD. <center>60pxVigo297.124 hab.Abel Caballero Álvarez (PSdeG-PSOE) PP: Corina Porro Martínez PSdeG-PSOE: Abel Caballero Álvarez BNG: Santiago Domínguez Olveira Outras candidaturas presentadas: EU, FPG, PH, CDL, C.XXI, FE de las JONS, OV-GV, PUM+J, UCE e UPyD. <center>45pxXixón277.198 hab.Paz Fernández Felgueroso (PSOE) PSOE: Santiago Martínez Argüelles FAC: Carmen Moriyón Entrialgo PP: Pilar Fernández Pardo IU-LV: Jorge Espina Díaz Outras candidaturas presentadas: Unión URAS-PAS, PCPE, ALS, Bloque por Asturies-UNA, CUPX, DCyR, DN, FrN-MSR, IDEAS, LV-GV, S e UPyD. <center>45pxL'Hospitalet de Llobregat258.642 hab.Núria Marín Martínez (PSC-PM) PSC-PM: Núria Marín Martínez PP: Juan Carlos del Río CiU: Meritxell Borràs i Solé ICV-EUiA-E: Alfonso Salmerón Muñoz Outras candidaturas presentadas: ESQUERRA-Els Verds-AM, C's, EV-GVE, IdCat, CUP-PA, Eb-CenB, PIRATA.CAT, PxC, UCE e U per l'H.

Acampadas de protesta (Movemento 15-M)

O domingo 15 de maio levouse a cabo en 58 cidades españolas unha serie de manifestacións convocadas pola plataforma Democracia Real Xa! que levaron á rúa decenas de millares de cidadáns. En Madrid, algúns manifestantes permaneceron acampados na Porta do Sol na fin da mobilización, sendo desaloxados na madrugada do 16 de maio pola policía. A partir deste feito, a acampada da Porta do Sol creceu enormemente en número de asistentes e as acampadas reproducíronse por outras cidades españolas. Desde entón, a praza foi lugar de protestas e multitudinarias asembleas cidadáns espontáneas.