José Vázquez Grela, nado en Ames o 6 de xullo de 1886 e finado en Nigrán o 12 de setembro de 1936, foi un mestre, agrarista e xornalista galego.

Traxectoria miniatura|250px|José Vázquez Grela cos seus alumnos premiados pola FAR da Estrada en Buenos Aires, 1930. Emigrou a América. Ao retornar instalouse en Cuntis, onde participou no movemento agrario, ocupando o cargo de xefe das sociedades agrarias de Cuntis, foi redactor de El Bólido e colaborou en Acción Agraria. Despois fundou El Bólido de Cuntis. Rematou a carreira de Maxisterio en 1920El Noticiero Gallego, 4-6-1920, p. 4.. Foi mestre interino no Porriño e Mesego (Cuntis). Na ditadura de Primo de Rivera foi mestre en Graba (Silleda) e Santa Cristina de Vea (A Estrada). En 1931 pediu traslado para Nigrán.

Pertenceu á directiva da Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Vigo e foi membro da Agrupación Socialista de Vigo. Na folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido e estivo dous meses preso. Participou na campaña do Estatuto de Autonomía. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e paseado na Devesa (Nigrán) o 12 de setembro. Vida persoal Casou con Josefa Iglesias, natural de Cuntis, coa que tivo seis fillos: María Asunción, Antonio Manuel, Julia, Alfredo e José Gonzalo.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Outro paseado, Xosé Vázquez Grela Nigrán homenaxea ao mestre republicano José Vázquez Grela, fusilado no 36 Nigrán honra o seu mestre de mestres

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Personalidades do agrarismo Categoría:Xornalistas de Ames Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Ames Categoría:Nados en 1886 Categoría:Finados en 1936