Carl Adolph von Basedow, nado en Dessau o 28 de marzo de 1799 e finado en Merseburg o 11 de abril de 1854, foi un médico alemán.

Traxectoria Fillo do pedagogo Johann Bernhard Basedow, estudou medicina na Universidade de Halle. Discípulo de Johann Friedrich Meckel, aprendeu del unha nova técnica de amputación. Entre 1821 e 1822 é interno en París. Volta a Marseburg en 1822 e loita contra a epidemia de cólera que se declarara na cidade. En 1842 o rei de Prusia noméao conselleiro real e en 1848 convértese no médico oficial do distrito de Merseburg.

En 1840 foi un dos primeiros en describir a enfermidade de Basedow, ou bocio exoftálmico.

Categoría:Médicos de Alemaña Categoría:Nados en 1799 Categoría:Finados en 1845 Categoría:Nados en Dessau Categoría:Alumnos da Universidade de Halle-Wittenberg