miniatura|220px|Unha piragua sobre o río Níxer en Malí. thumb|Vídeo de xente navegando en piraguas (Níxer). Unha piragua é calquera embarcación tripulada por un ou varios individuos que se impulsa por medio de pa (non de remo ou remos). A diferenza co remo é que a pa non vai fixada, ligada ou unida á propia embarcación, senón só nas mans de quen a manexa.
Ademais, nas embarcacións de remo ou remos quen impulsa a embarcación adoita ir encarado á popa (como en barcas, esquifes, traiñeiras, galeras, birremes, trirremes etc.), é dicir, avanza de costas, mentres nas piraguas navégase de fronte.
O termo piragua, segundo a Federación Galega de Piragüismo, engloba á canoa e ao caiac.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Canoa Panga (embarcación) Piragüismo
Categoría:Tipos de barcos