A tomografía axial computadorizada (TAC), ou tomografía computadorizada (TC), é unha técnica de imaxe médica que é empregada para o diagnóstico. Utiliza raios X para obter cortes ou seccións de obxectos anatómicos con fins diagnósticos. Tomografía vén do grego τομον que significa corte ou sección e de γραφίς que significa imaxe ou gráfico. A posibilidade de obter imaxes de cortes tomográficos reconstruídas en planos non tranversais fixo que actualmente se prefira chamar a esta técnica TC en lugar de TAC. Notas

Véxase tamén

Categoría:Diagnóstico pola imaxe Categoría:Probas diagnósticas