Carmelo Cedrún Ochandategui, nado en Amorebieta-Etxano (Biscaia) o 6 de decembro de 1930 e finado o 6 de xullo de 2026, foi un futbolista e adestrador de fútbol vasco. Xogaba de gardameta e foi internacional coa selección española.

Traxectoria Como xogador Formouse no club da súa vila natal, o Amorebieta, antes de fichar polo Athletic de Bilbao en 1948. Debutou co primeiro equipo o 15 de abril de 1951, asentándose moi pronto como titular e suplindo a toda unha lenda como Raimundo Pérez Lezama. Militaría no club durante catorce tempadas, ata que o xove gardameta José Ángel Iribar o relegou a suplencia.

En 1964 fichou polo RCD Espanyol, onde xogou ata 1967. Finalmente retirouse xogando no Baltimore Bays da Liga de Estados Unidos.

Ao longo da súa carreira foi internacional en 15 ocasións, debutando ante Turquía en 1954 e disputando tres mundiais (Suíza 1954, Suecia 1958, Chile 1962) e dúas eurocopas (Francia 1960 e España 1964).

Como adestrador Comezou adestrando ao CD Logroñés e ao Cultural Leonesa en Segunda División finalizando as dúas tempadas co descenso a Segunda División B dos equipos.

En 1975 ficha polo Celta de Vigo para suplir a Mariano Moreno Serrano. Levaría ao club a Primeira División despois de 19 encontros sen coñecer a derrota. Porén o equipo volvería descender ao ano seguinte polo que Carmelo Cedrún deixou o equipo para fichar polo Real Murcia.

En 1979 volve a Vigo para suplir ao ex xogador Pedrito, pero o ano remata co descenso Segunda División B.

Por último dirixe ao Barakaldo CF, consumando tamén o descenso a Segunda División B.

Persoal Pai do tamén gardameta Andoni Cedrún.

Palmarés Como xogador TítuloAnoEquipoCopa Eva Duarte1950-51Athletic de BilbaoCopa do Rei1954-55Athletic de BilbaoLiga española de fútbol1955-56Athletic de BilbaoCopa do Rei1955-56Athletic de BilbaoCopa do Rei1957-58Athletic de Bilbao

Notas

Categoría:Nados en 1930 Categoría:Finados en 2026 Categoría:Nados en Amorebieta-Etxano Categoría:Futbolistas do País Vasco Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Xogadores do Athletic Club de Bilbao Categoría:Xogadores do RCD Espanyol Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 1962 Categoría:Adestradores de fútbol do País Vasco Categoría:Adestradores do CD Logroñés Categoría:Adestradores da Cultural Leonesa Categoría:Adestradores do Celta de Vigo Categoría:Adestradores do Real Murcia Categoría:Adestradores do Barakaldo CF Categoría:Adestradores da Real Balompédica Linense