thumb|right|250px|Zonas de teísmo en amarelo.Zonas de cheísmo en verde. O teísmo é un trazo sintáctico dialectal que difire do estándar da lingua galega en non a facer distinción entre pronome persoal átono de segunda persoa de acusativo te e o de dativo che.
CasoForma estándarFormas do cheísmoFormas do teísmoAcusativotecheteDativochecheteReflexivotetete
Distribución xeográfica Este fenómeno é un trazo dialectal que se dá en dúas áreas dialectais: na microsubárea do Baixo Miño (pertencente ao bloque occidental), onde precisamente é a isoglosa do teísmo a que divide a área tudense; e a subárea da Mezquita-Lubián dentro da Área Zamorana do bloque oriental.
Aínda que segundo o punto de vista máis estabelecido entre os lingüistas que estudan o galego se considere un trazo minoritario, os lingüistas reintegracionistas considérano maioritario no sistema lingüístico galego-portugués por ser o normal nos falantes de portugués, co cal o sistema habitual en galego con distinción entre che e te e aínda máis o cheísmo serían considerados a excepción e o teísmo a norma.
Posibles orixes do teísmo dialectolóxico O teísmo detéctase en dúas áreas meridionais sen continuidade espacial: o Baixo Miño pontevedrés e a subárea da Mezquita-Lubián. Tendo en conta que che é un pronome descoñecido tanto en latín coma no galego arcaico, é unha innovación galega que o portugués común rexeitou, do cal se pode concluír que as áreas teístas deben de conservar basicamente o que sería o subsistema propio das orixes do idioma.
Non se deu aínda un estudo diacrónico rigoroso que analice a distribución dos usos de te e che desde os primeiros textos ata os do século XX e que explore os terreos da súa dialectoloxía histórica pero cabe pensar que o teísmo é unha opción conservadora en terreos onde non chegou nunca a haber a irrupción de che para as funcións de obxecto indirecto.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Cheísmo Áreas lingüísticas do galego Dialectos do galego
Categoría:Dialectoloxía