Pedro González Carnero, nado en Córdoba o 11 de xuño de 1940 e finado o 21 de xullo de 2019, foi un futbolista e adestrador de fútbol andaluz, máis coñecido como Pedrito, que xogaba na demarcación de defensa.
Traxectoria Como futbolista chegou a xogar en Primeira División no Celta de Vigo entre os anos 1969 e 1973, pero nun papel de suplente, disputando en total 33 encontros. Tamén formou parte da primeira participación do equipo na Copa da UEFA na tempada 1971-72.
Como adestrador tamén seguiu vinculado ao Celta ao que dirixiu en Segunda División na tempada 1979–80, porén sería cesado aos oito encontros e substituído por Carmelo Cedrún, pero a marcha do equipo non mellora e consumaríase o descenso a Segunda División B.
Categoría:Nados en Córdoba Categoría:Nados en 1940 Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Futbolistas de Andalucía Categoría:Xogadores do Real Jaén Categoría:Xogadores do Racing de Santander Categoría:Xogadores do Cádiz CF Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Adestradores de fútbol de España Categoría:Adestradores do Celta de Vigo B Categoría:Adestradores do Celta de Vigo Categoría:Adestradores do Arosa SC Categoría:Adestradores do Real Jaén Categoría:Adestradores do Cádiz CF