Constantino Sánchez Mosquera, nado en Herves (Beira, Carral) o 13 de setembro de 1882 e finado en Montevideo o 7 de xaneiro de 1960, foi un médico, xornalista e escritor galego.

Traxectoria Fillo de Pedro Sánchez Hermida e Manuela Mosquera Otero. Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse na Universidade de Madrid. Exerceu en clínicas madrileñas e foi profesor no dispensario de María Cristina. En xaneiro de 1913 embarcou para Montevideo para traballar no Hospital Español da capital urugaia.La Voz de Galicia, 7-1-1913, p. 3.. Ampliou estudos en París e en 1928 comezou a exercer a medicina na Asociación Española do Uruguai. Inspirou o Congreso Gallego-Americano (1920) e a constitución do Comité Pro Ejército Español despois da Desfeita de Annual (1921). En 1923 percorreu Francia, Alemaña, Italia e Suíza, ademais de toda España e especialmente Galicia. Pertenceu ao Ateneo da República Oriental, presidiu o Centro Gallego de Montevideo entre 1925 e 1930 e dirixiu o periódico Raza Celta. En 1935 regresou a Galicia e propuxo a creación dun Partido Liberal Gallego, pero regresou de novo ao Uruguai. Foi correspondente da Real Academia Galega. Recibiu o título de comendador da Orde de Isabel la Católica.

Obras Las hemorragias ocultas en las enfermedades del aparato digestivo, 1909. El concepto moderno de la úlcera del duodeno, 1910. Etiología y patogenia de la úlcera gástrica, 1911. Páginas de vulgarización, 1926. La Universidad de Compostela y otros problemas gallegos, 1931. Galicia y su Santo patrono el Apóstol Santiago, 1946.

Vida persoal

Casou en Paysandú con María Dolores Fontans Sousa en 1918,La Voz de Galicia, 16-10-1918, p. 4. e foi pai de Jose Pedro Sanchez Fontans. Era irmán de Luís Sánchez Mosquera.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Bresciano, Juan A., El Centro Gallego de Montevideo bajo la presidencia de Constantino Sánchez Mosquera, 1999.

Ligazóns externas Unha conferencia de propaganda galeguista (1931)

Categoría:Médicos de Galicia Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega

Categoría:Galegos do Uruguai Categoría:Nados en Carral Categoría:Nados en 1882 Categoría:Finados en 1960