Jaime Caruana Lacorte nado en Valencia o 14 de marzo de 1952 foi o Gobernador do Banco de España entre xullo do 2000 e xullo de 2006.

Traxectoria Caruana naceu en Valencia e realizou os estudos de telecomunicacións na Universidade Politécnica de Madrid, obtendo o título de enxeñeiro en 1974. Tras seis anos á fronte do Banco de España como Gobernador, pasou a formar parte do G30 (Group of Thirty), institución de análises financeiros e macroeconómicos con sede en Washington. Formou tamén parte dos acordos de Basilea II, gañándose o respecto dos reguladores da industria de servizos financeiros por conseguir un acordo para o texto revisado en xuño de 2004.

En agosto de 2006 entrou no Fondo Monetario Internacional (FMI) da man do entón presidente Rodrigo Rato como conselleiro e director do Departamento de Mercados Monetarios e de Capital. En novembro de 2008 foi nomeado director xeral do Banco de Pagos Internacionais.

O 26 de maio de 2006 ao final do seu mandato como Gobernador, a asociación de inspectores do Banco de España enviou unha "nota informativa" ao Ministerio de Economía e Facenda alertando da pasividade dos órganos reitores do banco central ante o "insostible crecemento do crédito bancario en España durante os anos de mandato do señor Caruana", relacionando a mesma co estoupido da burbulla do ladrillo que aconteceu uns meses despois.

Foi sucedido á fronte do Banco de España por Miguel Ángel Fernández Ordóñez, militante do Partido Socialista Obrero Español e antigo Secretario de Estado.

Notas

Categoría:Alumnos da Universidade Politécnica de Madrid Categoría:Nados en Valencia Categoría:Nados en 1952 Categoría:Gobernadores do Banco de España Categoría:Enxeñeiros de telecomunicación