Remigio Hevia Marinas, nado en Pontevedra en 1884 e finado en Palma o 19 de decembro de 1957, foi un banqueiro e político galego.
Traxectoria Fillo de Remigio Hevia Aldir. Exerceu como home de confianza do segundo marqués de Riestra e estaba á fronte de gran parte dos seus múltiples negocios, incluída a Banca Riestra. Foi alcalde de Pontevedra en tres ocasións: do 4 de decembro de 1928 a febreiro de 1930, do 14 de xuño de 1939 ao 22 de agosto de 1942 e do 6 de febreiro de 1949 ao 26 de maio de 1952. Foi procurador en Cortes en 1952. Finou en Palma o 19 de decembro de 1957.El Pueblo Gallego, 29-12-1957, p. 11.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas "El alcalde Hevia", artigo en Faro de Vigo, 22 de maio de 2011 .
Categoría:Alcaldes de Pontevedra Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Procuradores en Cortes galegos Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1884 Categoría:Finados en 1957 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Banqueiros de Galicia