Os heterodontiformes (Heterodontiformes) son unha orde de condrictios elasmobranquios selaquimorfos,Froese, Ranier e Daniel Pauli, eds. Heterodontiformes. FishBase. Versión de 7 de xaneiro de 2010. coñecidos vulgarmente na bibliografía como tiburóns cornudos.

A orde inclúe unha soa familia, a dos heterodóntidos (Heterodontidae), cun só xénero actual, Heterodontus, que reúne nove especies.

Características Os heterodontiformes son tiburóns moi primitivos de pequeno tamaño, de tan só 165 cm de lonxitude como máximo. Posúen dúas aletas dorsais, cada unha provista dunha espiña; e presentan aleta anal. Tieñen cinco fendeduras branquiais e os espiráculos son pequenos. Os ollos carecen de membrana nictitante. Os nostrilos están conectados coa boca por un profundo suco. Os dentes anteriores son pequenos e cuspidados, e os posteriores anchos e molariformes (en forma de moa). O morro é moi curto e arredondado.Froese e Pauli, Op. cit.

Historia natural

Habitan polo regular entre os 2 e os 150 m de profundidade, en arrecifes, bosques de algas, rochas e cavernas. A maioría son nocturnos, permanecendo pouco activos durante o día. Aliméntanse no fondo. Son agresivos, xa que poden morder se se os agride. Son ovíparos; os ovos están envolvidos nunha gran funda espiral. Na cópula, o macho morde á femia até que esta o acepta.

Distribución Viven en augas temperadas e cálidas do océano Índico e o oeste do Pacífico. Ausentes no Atlántico.

Taxonomía Os heterodontiformes inclúen unha soa familia, Heterodontidae, con tres xéneros extintos e só un actual:Mikko's Phylogeny Archive. Heterodontiformes

Familia Heterodontidae Xénero Paracestracion † Xénero Pseudoheterodontus † Xénero Strongyliscus † Xénero Heterodontus

Especies actuais Os heterodontiformes inclúen nove especies actuales, todas no xénero Heterodontus:Lista de especies de Heterodontidae Froese, R. e D. Pauly. Eds. 2009. FishBase. World Wide Web electronic publication. www.fishbase.org, versión (10/2009). Heterodontus francisci - tiburón cornudo durmiñón Heterodontus galeatus - tiburón cornudo de crista. Heterodontus japonicus - tiburón cornudo xaponés. Heterodontus mexicanus - tiburón cornudo mexicano. Heterodontus omanensis - tiburón cornudo de Omán. Heterodontus portusjacksoni - tiburón de Port Jackson. Heterodontus quoyi - tiburón cornudo das Galápagos. Heterodontus ramalheira - tiburón cornudo africano. Heterodontus zebra - tiburón cornudo cebra.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Condrictios Tiburóns

Ligazóns externas ITIS. Standard Report. Heterodontus Blainville, 1816 Consultada o 13/11/2012.

Categoría:Selaquimorfos