miniatura|378x378px|Mapa sobre a vulnerabilidade á desertificación

A desertificación é o proceso polo que un territorio que non posúe as condicións climáticas dos desertos remata adquirindo as súas características debido á destrución da súa cuberta vexetal e á erosión do solo producidas pola acción humana. Segundo datos do Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA), o 35 % da superficie dos continentes pode considerarse como áreas desérticas. Dentro destes territorios sobreviven millóns de persoas en condicións de persistente seca e escaseza de alimentos. A expansión destes desertos débese tanto a causas naturais como humanas.

Etapas A primeira etapa na desertificación é a destrución da cuberta vexetal deuse en zonas que orixinariamente eran fértiles. Nelas practicábase unha agricultura rotativa. O aumento da poboación obrigou a unha explotación intensiva que produciu o esgotamento dos recursos.miniatura|dereita|200px|Deserto de Taklimakan na China.A segunda etapa comeza cando a terra deixa de ser fértil e encóntrase despoxada da súa cuberta vexetal, a auga e o vento erosionan máis rápido ata chegar á roca e modifican a paisaxe. miniatura|esquerda|130px|Mapa de Madagascar en que se percibe a ausencia de selva Na maior parte das terras de cultivo o solo erosiónase moito máis á présa do que demora en formarse. Necesitaríanse moitas décadas para que a paisaxe volva a cubrirse de verde.

Zonas con desertificación

Madagascar: É o país máis erosionado do mundo. O 93 % do bosque tropical e o 66 % da súa selva chuviñosa foron cortados. África: En países moi poboados e con poucos recursos, como os da franxa subsahariana, obsérvase un incremento nas zonas desérticas. Nacións que durante séculos sostiveran sociedades prósperas, áchanse agora no límite da subsistencia. España : España é o país da Unión Europea con máximo índice de desertificación

Nacións Unidas En 1977 celebrouse en Nairobi, Kenya, a Conferencia das Nacións Unidas sobre desertificación. En 1994 a Organización das Nacións Unidas proclamou o 17 de xuño como o Día Mundial de loita contra a desertificación e a seca.

Notas

Véxase támen Outros artigos Gran Muralla Verde

Ligazóns externas Soluciones tecnológicas libres para ONGs y el tercer sector

Categoría:Xeografía Categoría:Ecoloxía Categoría:Erosión