A Candidatura d'Unitat Popular (coñecida tamén por as súas siglas, CUP; en galego Candidatura de Unidade Popular) é un partido político independentista catalán de esquerdas. Componse de asembleas locais autónomas que representan diferentes consellos e barrios da área de fala catalá. Tradicionalmente, presentábanse só ás eleccións municipais, ata 2012, cando decidiron presentarse ás eleccións ao Parlamento Catalán.
Ideoloxía Defenden a conversión dos chamados Países Cataláns (Països Catalans) nunha república independente. As bases do seu programa son a defensa da lingua e a cultura catalás, o anticapitalismo (piden a nacionalización das entidades financeiras que reciben diñeiro público), a igualdade entre todos os habitantes dos Países Cataláns (incluíndose inmigrantes e xente nova de máis de 16 anos), e a democracia participativa (co consello como base da organización política).http://issuu.com/cupnacional/docs/cup-programa_politic_2012 Agrupa militantes procedentes de diversas entidades e plataformas de esquerda, como por exemplo Poble LliurePoble Lliure emet un comunicat criticant amb duresa el vet de la CUP a Mas, nova en Wilaweb.cat o 6 de xaneiro de 2016., Endevant e Arran.
A CUP defende tamén a saída dunha hipotética Cataluña independente tanto da Unión Europea como da OTAN.
Dende as eleccións locais do 2011, teñen 104 concelleiros municipais, 11 concelleiros comarcais e 4 alcaldes en Cataluña.http://www.elpuntavui.cat/noticia/article/3-politica/17-politica/415440-els-resultats-de-la-cup-els-apropen-a-lesco-al-parlament.html
Notas
Véxase tamén Outros artigos Independentismo catalán Consulta sobre a independencia de Cataluña Ligazóns externas Páxina web oficial da CUP. Programa político das eleccións catalás do 2012. Vídeo de campaña do 2012 (subtítulos en castelán).
Categoría:Partidos políticos de Cataluña Categoría:Partidos políticos da Comunidade Valenciana