Muhammad Ayub Khan (nado o 14 de maio de 1907http://books.google.es/books?id=vLwOck15eboC&lpg=PP1&pg=PA23&redir_esc=y#v=onepage&q&f=false e finado o 19 de abril de 1974) foi un militar paquistaní, e o segundo presidente de Paquistán. Gobernou entre 1958 e 1969.
Converteuse en oficial do exército indio en 1928. Loitou en Birmania durante a segunda guerra mundial e posterior a iso ascendeu ata o final dos rangos na milicia da recentemente independente Paquistán.
En 1958 o presidente paquistaní Iskander Mirza, revogou a constitución do país e Ayub pasou a ser xefe de lei marcial. Declarouse a si mesmo presidente ese mesmo ano, exiliando a Mirza. Estableceu estreitas relacións coa República Popular da China e en 1965 iniciou unha guerra coa India polo control da rexión de Caxemira. O fracaso da tomada de Caxemira, combinado co descontento polas restriccións nos comicios, induciu a disturbios e Ayub renunciou en 1969.
Notas
Categoría:Presidentes de Paquistán Categoría:Nados en Paquistán Categoría:Nados en 1907 Categoría:Finados en 1974