O abade Pierre-Joseph Bonnaterre, nado contra 1752 en Saint-Geniez-d'Olt (no actual departamento de Aveyron, Mediodía-Pireneos, Francia) e finado na mesma vila o 20 de setembro de 1804, foi un naturalista francés.

Traxectoria Bonnaterre entrou no seminario de Rodez en 1772 e foi ordenado como presbítero o 22 de febreiro de 1779.

Exerceu como cura na Rouergue (antiga provincia do mediodía francés que se corresponde aproximadamente co actual departamento do Aveyron), e ensinou historia natural en Rodez.

Foi un dos primeiros naturalistas franceses en romper coa escola de Buffon para adoptar o sistema linnenano. Participou na parte ornitolóxica (1790-1792) e ictiolóxica da enciclopedia tituada Tableau encyclopédique et méthodique des trois règnes de la nature.

Bonnaterre contribuíu aos estudos dos mamíferos (e en especial, dos cetáceos), aves, réptiles, anfibios, peixes e insectos.

Tamén se recorda como o primeiro científico que estudou o neno salvaxe Victor de Aveyron (cuxa vida inspirou a François Truffaut no seu filme L'Enfant sauvage.

Bonnaterre identificou preto de 25 novas especies de peixes, e dotou á súa enciclopédica obra con preto de 400 ilustracións.

Algunhas publicacións Tableau encyclopédique et méthodique des trois règnes de la nature, dix-huitième partie, insectes. Agasse, París 1797. Recueil de médecine vétérinaire ou Collection de mémoires d'instructions et de recettes sur les maladies des animaux domestiques. Tableau encyclopédique et méthodique des trois règnes de la nature, Cétologie, Ophiologie, Erpétologie. Padoue 1795. Tableau encyclopédique et méthodique des trois règnes de la nature, Ophiologie. Panckoucke, París 1790. Tableau encyclopédique et méthodique des trois règnes de la nature, Ornithologie. Panckoucke, París 1790/91. Tableau encyclopédique et méthodique des trois règnes de la nature, Cétologie. Panckoucke, París 1789. Tableau encyclopédique et méthodique des trois règnes de la nature, Erpétologie. Panckoucke, París 1789/90. Tableau encyclopédique et méthodique des trois règnes de la nature, Ichthyologie. Panckoucke, París 1788.<ref> [http://books.google.fr/books?id=M5oSAAAAYAAJ&dq=Bonnaterre+poissons&printsec=frontcover&source=bl&ots=luwoj2-Kpl&sig=n163gkXxE45v9AnZdn9Xw6155z0&hl=fr&ei=7TTISu3AGY-B4Qal-aHHAQ&sa=X&oi=book_result&ct=result&resnum=3#v=onepage&q=&f=false Tableau encyclopédique et méthodique... Ichthyologie.]</ref>

Abreviatura A abreviatura Bonnaterre emprégase para indicar a como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Walters, Micahel (2003): A Concise History of Ornithology.'' New Haven, Connecticut: Yale University Press. ISBN 0-300-09073-0

Ligazóns externas Agence régionale de l'environnement de Haute-Normandie (AREHN) Breve biografía de Bonnaterre e análise da súa obra. Consultada o 14/11/2012.

Categoría:Zoólogos de Francia Categoría:Ornitólogos de Francia Categoría:Finados en 1804 Categoría:Nados en 1752 Categoría:Nados no departamento de Aveyron