miniatura|240px|Dalatias licha (Dalatiidae) miniatura|240px|Echinorhinus brucus (Echinorhinidae) miniatura|240px|Etmopterus spinax (Etmopteridae) miniatura|240px|Oxynotus paradoxus (Oxynotidae) miniatura|240px|Somniosus microcephalus (Somniosidae) miniatura|240px|Squalus cubensis (Squalidae)

A dos escualiformes (Squaliformes) é unha orde de peixes elasmobranquios da superorde dos escualomorfos.Squaliformes no WoRMS.

Comprende cerca de 125 especies distibuídas en sete familias.Froese, Rainer e Daniel Pauly, eds. (2010): Squaliformes, en FishBase. Versión de xaneiro de 2010.

Pódense encontrar en todo o mundo, desde as augas polares ás tropicais, en zonas costeiras de augas pouco profundas ou en mar aberto.Stevens, J. & Last, P. R. (1998), en Paxton, J. R. & Eschmeyer, W. N. ed. Encyclopedia of Fishes. San Diego: Academic Press. ISBN 0-12-547665-5, p. 64.

Características Os membros desta orde teñen dúas aletas dorsais, e carecen de aleta anal. Presentan cinco fendeduras branquiais e posúen espiráculos. Carecen de membrana nictitante. Moitas especies habitan en augas profundas.Froese e Pauly (2010), Op. cit.

Taxonomía Descrición A orde foi descrita en 1973 polo ictiólogo estadounidense Leonard Compagno.Squaliformes Compagno, 1973 no ITIS.

Clasificación A orde dos escualiformes comprende 22 xéneros repartidos en 7 familias: Familia Echinorhinidae Gill, 1862 Xénero Echinorhinus Familia Centrophoridae Bleeker, 1859 Xénero Centrophorus Xénero Deania Familia Dalatiidae (J. E. Gray, 1851) Xénero Dalatias Xénero Euprotomicroides Xénero Heteroscymnoides Xénero Isistius Xénero Mollisquama Xénero Squaliolus Familia Etmopteridae Fowler, 1934 Xénero Aculeola Xénero Centroscyllium Xénero Etmopterus Xénero Microscyllium Xénero Trigonognathus Familia Oxynotidae Gill, 1872 Xénero Oxynotus Familia Somniosidae D. S. Jordan, 1888 Xénero Centroscymnus Xénero Proscymnodon Xénero Scymnodalatias Xénero Somniosus Xénero Zameus Familia Squalidae Blainville, 1816 Xénero Cirrhigaleus Xénero Squalus

En Galicia En augas próximas ás costas galegas, ou nos nosos portos, pódense ver as especies seguintes:Solórzano, Manuel R[odríguez]; José L. Rodríguez, José Iglesias, Francisco X, Pereira e Federico Álvarez (1988): Inventario dos peixes do litoral galego (Pisces: Cyclostomata, Chondrichthyes, Osteichthyes). O Castro-Sada, A Coruña: Cadernos da Área de Ciencias Biolóxicas (Inventarios). Seminario de Estudos Galegos, vol. IV. ISBN 84-7492-370-0.Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1992): Peixes do mar de Galicia. (I) Lampreas raias e tiburóns. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-654-8.

Familia Echinorhinidae Echinorhinus brucus (Bonnaterre, 1788) - o escualo espiñento Familia Centrophoridae Deania calcea (Lowe, 1839) Familia Etmopteridae Etmopterus spinbax (Linnaeus, 1758) - a gata de mar Etmopterus pusillus (Lowe, 1839) - a gata de mar pequena Familia Somniosidae Centroscymnus coelolepis Familia Squalidae Squalus acanthias Linnaeus, 1758 - a melga Squalus blainvillei (Risso, 1826) - a melga de Blainville

Notas

Véxase tamén

Bibliografía David A. Ebert, Sarah L. Fowler & Leonard J. V. Compagno (2013): Sharks of the World. A Fully Illustrated Guide. Plymouth, UK: Wild Nature Press (Princeton University Press). ISBN 978-0-9573-9460-5. Joseph S. Nelson (2006): Fishes of the World. Hoboken, Nova Jersey, USA: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-4712-5031-7. Joseph S. Nelson, Terry C. Grande & Mark V. H. Wilson (2016): Fishes of the World, 5th Edition. Hoboken, Nova Jersey, USA: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 978-1-1183-4233-6. Leonard Compagno & Sarah Fowler (2005): Collins Field Guide Sharks of the World. Collins. ISBN 978-0-0071-3610-0.

Outros artigos Condrictios Tiburóns

Categoría:Elasmobranquios