Non confundir con peixes serra, un grupo diferente. Para outras páxinas con títulos homónimos véxase Tiburón (homónimos).

Co nome vulgar de tiburóns serra coñécense os condrictios elasmobranquios selaquimorfos pertencentes á orde dos pristioforiformes (Pristiophoriformes).

A orde só comprende unha familia, a dos pristiofóridos (Pristiophoridae), que ten só dous xéneros, Pristiophorus e Pliotrema, cun total de sete especies.

Non deben confundirse cos pristiformes (Pristiformes) ou peixes serra, tamén elasmobranquios, pero da superorde dos batoideos.

Descrición Estes tiburóns presentan cun rostro dentado e alongado en forma de serra, que utilizan para remover o fondo lameiro ou areoso para buscar as súas presas, ás que atordoan e cortan con bruscos movementos da súa serra. Tamén exhiben no rostrto un par de longos bigotes.

Teñen dúas aletas dorsais de pequeno tamaño e carecen de aletas anais.

Os dentes da serra alternan entre grandes e pequenos.

Xunto cos hexanquiformes, os pristioforiformes (só unha especie destes), son os únicos tiburóns que teñen 6 branquias, en vez de as 5 ou 4 que teñen os outros.

Pola forma na que cazan, comen pequenos peixes, camaróns, luras e crustáceos que enoentran no fondo mariño.

Posibelmente a súa reprodución sexa ovípara, aínda que non está comprobado.

Aínda que teñen un aspecto similar, os tiburóns serra son distintos dos peixes serra. Estes últimos son máis grandes, non teñen bigotes e teñen as branquias de colocación diferente.

A maior parte das especies son obxecto de pesca comercial, e a súa carne considérase de excelente calidade; no Xapón úsase para realizar o típico prato kamaboko.

Xéneros e especies

Hai sete especies descritas de tiburóns serra, distribuídas en dous xéneros. A especie máis recente, Pristiophorus nancyae foi descuberta en 2011, e a amnterior, Pristiophorus delicatus, en 2008.

Xénero Pliotrema Este xénero consta dunha soa especie, que se distingue das do xénero Pristiophorus por ter seis pares de fendeduras branquiais. Ademais, os seus dentes da serra rostral teñen prominentes cristas transversais.Compagno, Leonard J. V. (1984): Sharks of the World: An Annotated and Illustrated Catalogue of Shark Species Known to Date. Roma: FAO. ISBN 92-5-101384-5.

Especie: Pliotrema warreni Regan, 1906

Xénero Pristiophorus Os membros deste xénero teñen cinco fendeduras branquiais, e os seus dentes da serra rostral non pesentan cristas transversais.Compango (1984), Op. cit.

Especies: Pristiophorus cirratus Latham, 1794 Pristiophorus japonicus Günther, 1870 Pristiophorus nudipinnis Günther, 1870 Pristiophorus delicatus Yearsley, Last & W. T. White, 2008 Pristiophorus delicatus en FishBase Consuñltada o 15/11/2012.Pristiophorus delicatus en IUNC Red List Consultada o 15/11/2012. Pristiophorus nancyae Ebert & Cailliet, 2011 Ebert, D. A. & Cailliet, G. M. (2011): "Pristiophorus nancyae, a New Species of Sawshark (Chondrichthyes: Pristiophoridae) from Southern Africa". Bulletin of Marine Science, 87 (3): 501-512. Pristiophorus schroederi Springer & Bullis, 1960

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.

Outros artigos Condrictios Tiburóns

Ligazóns externas FishBase info for Pristiophoridae Reefquest page Checklist of Living Sharks NOVA Online photo of longnose sawshark

Categoría:Selaquimorfos