Quincy Jyrome Acy, nado o 6 de outubro de 1990 en Tyler, Texas, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga no Olympiacos BC grego.

Instituto No seu ano sénior no instituto, Acy fixo 17.8 puntos e 7.8 rebotes por partido. Foi clasificado coma o 80º mellor xogador do país e o 22º mellor ala-pivote.

Traxectoria universitaria Freshman Acy xogou para os Baylor Bears na Universidade. Coma freshman, acadou 5.4 puntos e 3.6 rebotes por partido. Foi elixido Rookie da Semana da conferencia Big 12 o 24 de novembro.

Sophomore Na súa tempada sophomore, Acy fixo 9.3 puntos e 5.1 rebotes por partido, sendo o sexto home de Baylor. Foi ademais incluído no mellor quinteto de reservas da Big 12.

Júnior Coma júnior, aumentou os seus números até 12.4 puntos e 7.6 rebotes por partido. Na primeira rolda do torneo da Big 12, Acy anotou 21 puntos e capturou 15 rebotes, a marca máis alta da súa carreira, na derrota contra Oklahoma. Ó remate da tempada, foi nomeado Sexto Home do Ano da Big 12.

Sénior Na súa derradeira tempada en Baylor, acadou 12.0 puntos e 7.4 rebotes por encontro. Ó remate da tempada, foi elixido no segundo mellor equipo da Big 12 polos adestradores da conferencia, e foi tamén incluído no mellor quinteto defensivo.

Traxectoria profesional O 28 de xuño de 2012, Acy foi elixido na 37ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Toronto Raptors.

O 9 de decembro de 2013, os Raptors traspasaron a Acy, Rudy Gay e Aaron Gray ós Sacramento Kings a cambio de Greivis Vasquez, Patrick Patterson, John Salmons e Chuck Hayes.

O 6 de agosto de 2014, Acy foi traspasado ós New York Knicks xunto a Travis Outlaw a cambio de Wayne Ellington e Jeremy Tyler.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1990 Categoría:Nados no condado de Smith, Texas Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Toronto Raptors Categoría:Xogadores dos Toronto Raptors Categoría:Xogadores dos Sacramento Kings Categoría:Xogadores dos New York Knicks Categoría:Xogadores dos Dallas Mavericks Categoría:Xogadores dos Brooklyn Nets Categoría:Xogadores dos Phoenix Suns Categoría:Xogadores do Maccabi Tel Aviv BC Categoría:Xogadores do Olympiacos BC