Case 39 é un filme estadounidense de terror dirixido por Christian Alvart que se estreou no 2009.

Sinopse Emily Jenkins (Renée Zellweger) é unha traballadora de servizos sociais. Emily pensa que no seu campo xa o ten visto todo, ata que un día coñece o seu novo e máis misterioso caso, o que fai o número 39: unha nena maltratada de 10 anos chamada Lilith Sullivan (Jodelle Ferland). Confirma os seus peores medos cando os pais de Lilith intentan matar á nena no forno da cociña. Emily sálvaa e decide levala con ela ata que outra familia a poida adoptar. Pero axiña descubrirá que Lilith non é tan inocente como semella.

Personaxes Renée Zellweger como Emily Jenkins Jodelle Micah Ferland como Liliahna "Lillith" Sullivan Ian McShane como Detective Mike Barron Bradley Cooper como Douglas J. Ames Callum Keith Rennie como Edward Sullivan Kerry O'Malley como Margaret Sullivan Adrian Lester como Wayne Georgia Craig como Denise Cynthia Stevenson como Nancy Alexander Conti como Diego

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes Ficha en AllMovie

Categoría:Filmes de 2009 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Canadá Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Paramount Pictures Categoría:Filmes de Paramount Vantage Categoría:Filmes rodados en Vancouver Categoría:Filmes de terror psicolóxico