O Trofeo Catalunya Internacional foi un torneo amigable de fútbol que organizaba a Federación Catalá de Fútbol e que enfrontaba á Selección de Cataluña con outro combinado internacional. Foi creado en 2009 e disputáronse cinco edicións.
Historia Desde os anos 1990, a selección catalá de fútbol disputaba anualmente un partido amigable de carácter internacional, coincidindo coas festas do Nadal. No marco das reivindicacións catalás para poder participar en competicións oficiais, en 2009 o presidente a Federación Catalá de Fútbol, Jordi Casals, anunciou a conversión dese amigable nun torneo anual, bautizado como Trofeo Catalunya Internacional. Como premio para o gañador, o artista Joan Moura doou un escultura que simboliza as catro barras da senyera catalá.
Na primeira edición, que se disputou o 22 de decembro de 2009, a Cataluña de Johan Cruyff venceu por 4-2 á selección arxentina, dirixida entón por Diego Armando Maradona, quen non puido sentar no banco por unha sanción. Un ano máis tarde os anfitrións volveron levar o trofeo tras golear á mundialista Honduras por 4-0.
Na terceira edición, tras o empate, a selección catalá, nunha decisión de fair play, decidiu entregar o trofeo a Tunisia.
Palmarés Edicións
EdiciónDataLugarEstadioCampiónSubcampión Resultado I 22/12/2009 Barcelona Camp Nou Cataluña Arxentina 4-2 II 28/12/2010 Barcelona Lluís Companys Cataluña Honduras 4-0 III 30/12/2011 Barcelona Lluís Companys Tunisia Cataluña 0-0 IV 2/1/2013 Cornellà Cornellà-El Prat Nixeria Cataluña 1-1 V 30/12/2013 Barcelona Lluís Companys Cataluña Cabo Verde 4-1VI28/12/2016 Tunisia Cataluña3-3 (4-2)
Equipos con máis títulos EquipoTítulos Cataluña3 Tunisia2 Nixeria1
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial da Federació Catalana de Futbol
Catalunya Internacional Categoría:Fútbol en Cataluña