O Trofeo Xacobeo 99 foi un torneo amigábel de fútbol. Traxectoria Disputouse só unha edición coincidindo co Ano Santo Xacobeo de 1999, organizado pola Xunta de Galicia, que entón presidía Manuel Fraga Iribarne. O torneo tivo lugar o 11 de agosto no Multiusos de San Lázaro de Santiago de Compostela, enfrontándose o Celta de Vigo e o Real Madrid con vitoria celeste por 3-0"El Celta barre al Real Madrid en el Trofeo Xacobeo", artigo en El Mundo, 11 de agosto de 1999 ., con goles de Gustavo López, Benny McCarthy e Iván Kaviedes. Estes foron os xogadores que disputaron o encontro:

Celta de Vigo: Dutruel; Cáceres, Djorovic, Juanfran (Adriano, m. 86); Albert Celades (Turdó, m. 88), Karpin (Bruno Caires, m. 77), Giovanella (Coira, m. 57), Makelele, Gustavo López (Tomás, m. 46); Revivo (Iván Kaviedes, m. 71); Benni McCarthy (Jonathan Aspas, m. 82).

Real Madrid: Illgner; Míchel Salgado, Hierro, Julio César, Dorado (Karanka, m. 65); McManaman (Guti, m. 57), Geremi, Helguera (Karembeu, m. 64), Balic (Savio, m. 70); Raúl (Etoo, m. 80) e Morientes.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Trofeo Xacobeo 93

Categoría:Torneos amigables de fútbol de Galicia Categoría:Fútbol en 1999 Categoría:1999 en Galicia Categoría:Deporte en Santiago de Compostela