Acontecementos Diego Cao descobre o río Congo.
Ciencia e tecnoloxía
Arte e literatura Albrecht Dürer en 1484, á idade de 13 anos, en Albertina, Viena, fixo un autorretrato da súa serie, de feito, un dos seus debuxos máis antigos. O devandito traballo reflicte unha enorme facilidade no trazado do debuxo e unha minuciosa observación do detalle. Sandro Boticcelli, "A calumnia". (Pintor italiano). Malory, "A morte de Artus". Ghirlandaio, "Vida de San Francisco". (Pintor italiano).
Papas 12 de agosto, Sisto IV remata o seu papado. 29 de agosto, Inocencio VIII comeza o seu papado, que remata en 1492.
Nacementos Hans Baldung (1484-1545), pintor. Frei Bartolomé de las Casas (1484-1566), freire dominico, cronista, teólogo, bispo de Chiapas (México) e gran defensor dos indios. Naceu en Sevilla, España. Xoaquín I de Brandeburgo, príncipe elector. Michelle Sanmicheli. J.C. Scalígero, humanista francés de orixe italiana. 1 de xaneiro, Huldrych Zwingli( que morreu o 10 de outubro de 1531). Foi o líder da Reforma protestante suíza e o fundador das Igrexas Reformadas Suízas. Independente de Lutero, quen era un doctor biblicus, Zuinglio chegou a conclusións similares estudando as Escrituras dende o punto de vista dun estudoso (scholar) humanista.
Casamentos Catarina de Foix, (1468 - † 1518), raíña de Navarra (1483-1513), duquesa de Gandía, Condesa de Foix, Bigorre e Ribagorza, duquesa de Montblanc, duquesa de Peñafiel, vizcondesa de Béarn. Filla máis nova do conde Gaston de Foix e de Madalena de Francia, irmá do rei Lois XI. Casou con Xoán III de Albret (1484), duque de Gause ó cumpri-los dezaseis anos. Desta unión naceron 11 fillos.
Mortes Giorgio de Trebisonda. Feo Belcari, poeta florentino (n. 1410).
Outros Historia ano a ano
Categoría:1484