María Inmaculada Antonio Souto, coñecida como Imma António Souto, nada na Coruña o 29 de maio de 1968, é unha dramaturga e actriz teatral galega.

Traxectoria Ten traballado en diferentes campos creativos, como a escrita, o teatro, o cine, o vídeo, a televisión, a dobraxe e a creación literaria. Como deseñadora foi responsable de vestiario e da escenografía de varios espectáculos.

Como autora forma parte do grupo de autores que xurdiu na década de 1980 na Coruña arredor dos Cadernos da Escola Dramática Galega, dirixidos e coordinados por Francisco Pillado Maior e Manuel Lourenzo.

Como actriz participou en obras da Compañía Luís Seoane, Teatro do Noroeste, Centro Dramático Galego e Produccións Librescena. Tamén participou nalgún episodio de Terra de Miranda.

En 2018 foi nomeada Presidenta da Academia Galega do Teatro (AGT).

En 2020 a SEGA dedicoulle o Día das Galegas nas Letras.

Obras teatrais Forzas eléctricas, 1986. Tagen Ata, 1990. Un soño de verán, 1992. As vodas de Fígaro (de Pierre-Augustin de Beaumarchais, dirixida por Eduardo Alonso; 1994). Valle Inclán 98, 1998. Otelo, 2000. A morte e a doncela, 2001. Estado de Graza, 2018. Teatro do Noroeste.

Obras editadas Teatro História do siléncio (1985). Cadernos da Escola Dramática Galega. Como cartas a un amante (1987). Cadernos da Escola Dramática Galega. As águas mudas (1989) Cadernos da Escola Dramática Galega. Umha ave hai na noite (1989). Agália: Publicaçom internacional da Associaçom Galega da Lingua,  1130-3557, Nº. 18, páxs. 183-192. Era nova e sabia a malvaísco (1991). Sotelo Blanco. 67 páxs. ISBN 8478240918. Morde-me!! (1996). AS-PG. 41 páxs. ISBN 848967910X. Os cárceres do esquenzo (2004). Xerais. 64 páxs. ISBN 978-84-9782-211-4. Esta peza foi estreada o 27 de novembro de 2003 na Sala Yago de Santiago de Compostela por Librescena. A ciencia dos anxos (2005). Deputación da Coruña. 72 páxs. ISBN 84-9812-009-8. Aforro ordinario (2006). Edicións Embora. ISBN 84-95460-51-3. Representada por Arte Maior en 2012 na XIII Mostra de Teatro Universitario de Galicia.

Premios Premio Retrincos no 1983. Premio Galo Salinas no 1985. Mención no Premio de Teatro Breve da Escola Dramática Galega no 1985, por História do silèncio. Premio de Teatro Breve da Escola Dramática Galega no 1987, por Como cartas a un amante. Premio de Teatro Breve da Escola Dramática Galega no 1989, por As águas mudas. Premio Arlequín no 1990, por Era nova e sabia a malvaísco. Premio Rafael Dieste no 2003, por A ciencia dos anxos.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Perfil de Facebook da autora Perfil da autora en Cultura Galega

Categoría:Dramaturgos en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1968 Categoría:Día das Galegas nas Letras