Lino García Vázquez, nado en Castrelo de Miño en 1867 e finado en Ourense o 17 de xuño de 1937, foi un comerciante e xornalista galego, condenado e executado tralo golpe de Estado de 1936 en España. Foi pai do político esquerdista Manuel García Becerra, deputado nas Cortes republicanas de 1931 a 1933.
Traxectoria Fillo de Mauricio e Dolores, Lino foi comerciante en Verín, rexentando un local no baixo da súa vivenda, na praza de García Barbón, que albergaba imprenta, libraría, administración de lotaría, ferraxería e bazar, onde comercializaba obxectos de escritorio, impresos, material para escolas, artigos de fantasía, louza, aluminio, perfumes, móbeis, calzado, ultramarinos, viños e licores.Información Comercial Española, Madrid, 1932, Ministerio de Agricultura, industria y comercio.
Foi fundador e director do periódico El Támega. Pola campaña denunciando as manobras caciquís do ex-alcalde Antonio Oterino Cid foi agredido polas costas por este, en abril de 1924, no interior da igrexa, cando acudía a oír misa, recibindo dúas bastonadas na cabeza que o deixaron sen sentido, brotándolle abundante sangue.El Pueblo Gallego, 30.4-1924, p. 4."Hace 75 años", La Región, 1-05-1999, Ourense .
Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, contando Lino con sesenta e nove anos de idade, foi detido e ingresou na Prisión Provincial de Ourense o 23 de setembro. Xulgado en Ourense por rebelión militar xunto con Carlos Reino Caamaño, Juan Antonio Álvarez Diéguez, Manuel Cadavid García, Luis Álvarez Losada, Ernesto Ramos Méndez, Ramón Quintas González, Constantino Gago Gago, Manuel Sola Pareja, Enrique José Cardoso Gandosa, Adolfo Iglesias Rodríguez, Sixto Salgado Fariñas, Manuel Cabido Rodríguez, Ricardo González González, Eduardo Gago Fernández, Gerardo Rodríguez Barja, Pedro Justo Castro, Gregorio Barreira Martínez, Sergio Pérez Díaz, José Pérez Delgado, José Sola Pareja, Celso Blanco Castro e Francisco Vaz Álvarez e sentenciado a pena de morte, foi executado no Campo de Aragón o 17 de xuño de 1937. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas. miniatura|Verín, en lembranza dos fusilados o 17/6/1937 Vida persoal Casou en Verín con Socorro Becerra Rúa o 25 de novembro de 1898 e tiveron tres fillos,El Miño, 27-11-1898, p. 3. entre eles Manuel García Becerra. Socorro Becerra finou antes que Lino, en Leganés o 5 de outubro de 1922.La Región, 12-10-1922, p. 3.El Pueblo Gallego, 4-10-1934, p. 7.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Represión franquista Lei de Responsabilidades Políticas Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 en Galicia
Ligazóns externas
Categoría:Xornalistas de Verín Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Nados en Castrelo de Miño Categoría:Nados en 1867 Categoría:Finados en 1937 Categoría:Fusilados Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia