"Song 2" é unha canción da banda inglesa de rock alternativo Blur, editada como sinxelo do seu quinto álbum, Blur, o 7 de abril de 1997. "Song 2" acadou o número 2 da lista británica de sinxelosCancións de Blur na lista británica de sinxelos., o número 4 na lista australiana ARIA"Song 2" na lista Australiana, e o 6 na estadounidense Billboard Modern Rock Tracks.
No MTV Video Music Awards de 1997, "Song 2" foi nomeada ao premio ao Mellor vídeo de grupo e Mellor vídeo alternativo. Nos premios Brit de 1998 foi nomeada ao Mellor sinxelo británio e mellor vídeo británico. En decembro de 1998 os oíntes da BBC Radio 1 votaron "Song 2" como a 15ª mellor canción de todos os tempos. En outubro do 2011 a revista NME colocouna no número 79 da súa lista das 150 mellores cancións dos últimos 15 anos.
Listaxe de cancións Toda a música composta por Albarn, Coxon, James e Rowntree. Todas as letras escritas por Albarn. 7" violeta "Song 2" "Get Out of Cities"
CD1 "Song 2" "Get Out of Cities" "Polished Stone"
CD2 "Song 2" "Bustin' + Dronin'" "Country Sad Ballad Man" (live acoustic)
CD internacional "Song 2" "Get Out of Cities" "Polished Stone" "Bustin' + Dronin'"
CD xira Xapón "Song 2" "Get Out of Cities" "Polished Stone" "Bustin' + Dronin'" "Beetlebum" (Mario Caldato Jr. mix) "Beetlebum" (instrumental) "Country Sad Ballad Man" (live acoustic) "On Your Own" (live acoustic)
Notas
Categoría:Sinxelos de 1997 Categoría:Cancións de Blur