Lourdes Ucha Varela, nada en Simes (Meaño)"Jorge Domínguez me pidió que estuviera a su lado tras descubrir su enfermedad", artigo en ''Faro de Vigo, 23 de novembro de 2012. en 1969, é unha política galega do PPdeG.

Traxectoria Diplomouse en Maxisterio, aínda que non chegou a exercer, comezando a súa carreira política con 26 anos, ao ser elixida como edil na corporación municipal de Meaño en 1995, dentro da candidatura de Independientes de Meaño do alcalde Jorge Domínguez Rosal. A partir de 1999 pasou a formar parte da comisión de goberno. Trala integración de Domínguez no PPdeG en decembro do 2001 pasou a formar parte desta formación. A partir de 2003 pasou a ocupa-lo cargo de tenente de alcalde, sendo ademais responsable das áreas social e educativa do goberno municipal.

Tras o falecemento en novembro de 2012 de Jorge Domínguez, perfilouse como a nova alcaldesa de Meaño,"Lourdes Ucha será a alcaldesa de Meaño en substitución de Jorge Domínguez", artigo en La Voz de Galicia, 22 de novembro de 2012. sendo elixida o 29 de novembro.Lourdes Ucha recibe el "bastón" de Domínguez gracias al voto exclusivo de los 9 ediles del PP En 2015 encabezou a candidatura do PPdeG e foi reelixida alcaldesa con maioría absoluta, se ben pasou de 10 a 7 concelleiros. En decembro de 2018, tras diversos problemas internos no seo do partido, anunciou que non concorrería á reelección nos comicios de 2019. Desta forma foi substituída á fronte da formación, e posteriormente da alcaldía, por Carlos Viéitez Fernández.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Meaño

Categoría:Alcaldes de Meaño Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Meaño Categoría:Nados en 1969 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes