A roxa (Scyliorhinus stellaris) é unha especie de peixe cartilaxinoso elasmobranquio da orde dos carcarriniformes (Carcharhiniformes) e familia dos esciliorrínidos (Scyliorhinidae),Ranier Froese e Daniel Pauly, eds. (2012): Scyliorhinus canicula. FishBase Consultada o 25/11/2012. común no litoral europeo e do norte de África.
Características É un pequeno tiburón de pel relativamente áspera e coloración amarelada con manchas circulares de cor parda escura.
O seu corpo alongado, que pode superar o metro de lonxitude (máximo 162 cm), estréitase cara á cola.
O fociño é curto e estreitamente arredondado; as dúas pregas nasais non alcanzan a boca, o que o diferenza do melgacho.
A orixe da primeira aleta dorsal é oposta ás xuntas pelvianas, e a da segunda, anterior á xunta anal.Rodríguez Villanueva (1992), p. 58.
Historia natural Animal de hábitos nocturnos, vive en fondos areosos e rochosos con algas, a profundidades de 20 a 70 m, alimentándose de crustáceos, moluscos e cefalópodos.
Ovíparo, as petacas (cápsulas dos ovos) miden de 10 a 13 cm e son depositadas sobre as algas en primavera e verán, durando a xestación nove meses.
Distribución Nordeste do Atlántico, desde o sur de Escandinavia e as illas Británicas até Marrocos (ou aínda máis ao sur), incluíndo o Mediterráneo. A distribución cara ao sur é incerta.Froese e Daniel, eds. (2012), Op. cit.
Estado de conservación Segundo a Lista Vermella da IUCN o seu status é non preocupante.Ellis, J., F. Serena, C. Mancusi, F. Haka, G. Morey, J. Guallart e T. Schembri (2006): Scyliorhinus stellaris Lista vermella da IUCN. Versión 2010.2. Unión Internacional para a Conservación da Natureza Consultada o 25/11/2012.
Gastronomía Segundo José Carlos Capel, tanto a roxa como os seus parentes o melgacho (Scyliorhinus canicula) e a zapata (Galeus melastomus) son especies comestíbeis que requiren cociñarse nun perfecto estado de frescura porque, do contrario, denotan un sabor desagradábel. Os lombos, unha vez limpos, poden presentarse en distintas preparacións, harmonizando ben coas salsas de tomate e verde, ou en guisos amarelos, e resultan excelentes en fritura coa fórmula do adobo andaluz, a dicir deste gastrónomo.Capel, José Carlos (1982): Manual del pescado, Madrid: Penthalon Ediciones. ISBN 84-85337-70-0, p. 295.
En Galicia é frecuente comela guisada, con patacas, pementos e tomates (o "guiso amarelo", que diría Capel) e, menos, como un ingrediente máis das caldeiradas mixtas.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Compagno, Leonard; Marc Dando & Sarah Fowler (2005): Sharks of the World. New Jersey: Princeton University Press. ISBN 0-691-12072-2. Rodríguez Solórzano, Manuel; Sergio Devesa Regueiro e Lidia Soutullo Garrido (1983): Guía dos peixes de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-433-4. Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1992): Peixes do mar de Galicia. (I) Lampreas raias e tiburóns. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-654-8. Solórzano, Manuel R[odríguez]; José L. Rodríguez, José Iglesias, Francisco X, Pereira e Federico Álvarez (1988): Inventario dos peixes do litoral galego (Pisces: Cyclostomata, Chondrichthyes, Osteichthyes). Castro-Sada, A Coruña: Cadernos da Área de Ciencias Biolóxicas (Inventarios). Seminario de Estudos Galegos, vol. IV. ISBN 84-7492-370-0.
Outros artigos Tiburóns Melgacho Zapata (peixe) Ligazóns externas Scyliorhinus stellaris en asturnatura.com Consultada o 25/11/2012. ITIS. Scyliorhinus stellaris Consultada o 25/11/2012.
Categoría:Esciliorrínidos Categoría:Peixes de Galicia Categoría:Peixes do océano Atlántico Categoría:Animais descritos en 1758