Tirso Sánchez Rey, nado en Ribadavia o 21 de abril de 1903 e finado en Vigo o 18 de abril de 1985, foi un farmacéutico e político galego.

Traxectoria Estudou o bacharelato no colexio dos xesuítas de Camposancos. Licenciouse en Farmacia na Universidade de Madrid en 1923. Rexentou unha farmacia en Ribadavia. Foi nomeado presidente da xestora municipal de Ribadavia en xaneiro de 1938,El Pueblo Gallego, 29-1-1938, p. 9. e permaneceu como alcalde até 1946. En 1943 foi elixido procurador nas Cortes Españolas polo apartado de Administración Local en representación dos concellos da provincia de Ourense durante a primeira lexislatura do período franquista. Foi membro da xestora da Deputación de Ourense até 1949.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Alcaldes de Ribadavia Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Procuradores en Cortes galegos Categoría:Deputados provinciais de Ourense

Categoría:Nados en Ribadavia

Categoría:Nados en 1903 Categoría:Finados en 1985 Categoría:Farmacéuticos de Ribadavia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes