Nikolai Gavrilovich Chernyshevskii (en ), nado o 12 de xullo de 1828 en Saratov, Imperio Ruso e finado na mesma cidade o 17 de outubro de 1889 foi un revolucionario e filósofo socialista é visto por algúns como un socialista utópico ruso. Foi o líder do movemento revolucionario en Rusia, coñecido como naródnik, na década de 1860, e unha figura que influíu a líderes como Lenin,Díez del Corral, Francisco. Lenin. Una biografía , Barcelona: Ediciones Folio, 2003 Emma Goldman ou Svetozar Marković. O seu traballo máis coñecido é a novela ¿Qué facer?, publicada en 1863.
Biografía Fillo dun sacerdote, Chernyshevski naceu en Saratov en 1828, e permaneceu alí ata 1846. Gradouse no seminario local onde aprendeu varias linguas, ademais de estudar teoloxía. Foi alí onde espertou o seu amor pola literatura.Ana Siljak, Angel of Vengeance, páxina 57 Continuou os seus estudos na Universidade de San Petersburgo, na que xa se mostrou como un ateísta,Ana Siljak, Angel of Vengeance, páxina 58 inspirado por autores como Ludwig Feuerbach e Charles Fourier. Despois de graduarse, en 1850, volveu a Saratov, onde foi profesor de literatura. Dende 1853 a 1862, viviu en San Petersburgo, onde foi o editor xefe de Sovreménnik ("O contemporáneo"), na que publicou as súas principais críticas literarias e os seus ensaios sobre filosofía.
En 1862, prendérono e metérono na fortaleza de San Pedro e San Pablo, onde escribiu a súa famosa novela Qué facer? que inspirou a moitos revolucionarios rusos, como Lenin, que titulou da mesma forma un dos seus tratados políticos. Posteriormente, condenaron a Chernyshevski e tivo que exiliarse a Vilyúisk, en Siberia. Morreu á idade de 61 anos.
Referencias
Categoría:Revolucionarios Categoría:Escritores en lingua rusa Categoría:Escritores de Rusia Categoría:Nados en 1828 Categoría:Finados en 1889 Categoría:Nados en Saratov Categoría:Alumnos da Universidade Estatal de San Petersburgo Categoría:Wikipedia:Artigos por validar con WP:TRL