Oise (60) é un departamento francés que debe o seu nome ao río que o atravesa, o río Oise.
Historia
O departamento foi creado durante a Revolución francesa, o 4 de marzo de 1790 en aplicación da lei do 22 de decembro de 1789, principalmente a partir dunha parte da provincia da Illa de Francia.
Xeografía
O Oise forma parte da rexión de Alta Francia. O departamento está situado a 35 km ao norte de París. É fronteirizo cos departamentos de Somme, Aisne, Sena e Marne, Val do Oise, Eure e Sena Marítimo.
Demografía
Turismo
O maior atractivo turístico do departamento de Oise é o Parc Astérix, aberto en 1989. Outro importante atractivo é a Catedral de Saint-Pierre de Beauvais e o Castelo de Pierrefonds.
Ligazóns externas Prefectura Consello xeral Oficina Turística de Oise
Categoría:Departamentos de Alta Francia