Demetrio Tomás Bilbatúa Zubeldia, nado en Soraluze (Guipúscoa) o 21 de decembro de 1896 e finado en Vigo o 27 de agosto de 1936, foi un fotógrafo e político galego.
Traxectoria Fillo de Tomás Bilbatúa Urien e Luisa Zubeldia Oraa, foi irmán de Antonio e Luís Bilbatúa Zubeldia. Mestre nacional e presidente do Partido Socialista de Vigo. En abril de 1936 foi elixido compromisario na candidatura da Fronte Popular por Pontevedra para a elección do presidente da República. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido, xulgado en Vigo por traizón e condenado a pena de morte. Foi executado co seu irmán Antonio no Cemiterio de Pereiró o 27 de agosto de 1936. Entrementres, a súa nai e a súa irmá Margarita (nada en Xaén en 1901) emigraron a Nova York, nos Estados Unidos, en xuño de 1939 desde Boulogne-sur-Mer, a bordo do S.S. Statendam. Foi pai de Demetrio Bilbatúa Rodríguez.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Fotógrafos de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Soraluze Categoría:Nados en 1896 Categoría:Finados en 1936