Un hipocorístico (do grego antigo ὑποκοριστικός, derivado de ὑποκορίζομαι, ou sexa, "chamar con voz suave") é unha palabra que transmite afecto ou cariño, como os nomes Fran, Sabeliña etc. ou os apelativos, como papá. Os hipocorísticos fórmanse de moitas maneiras, se ben a súa conformación fonética parte de diversas transformacións da palabra da cal se orixina, moitas veces motivadas na linguaxe infantil; entre eles podemos destacar: a supresión de sons, por aférese (Nando por Fernando, Sefa por Xosefa), apócope (Reme < Remedios, Fran < Francisco, ou síncope (Maribel < María Isabel). o engadido de sufixos: Carmucha, Carmela, Tucho < Antonio, Lucho < Emilio, Maúca < María, Pilocha, Carolo, Tonecho, Gorecho < Gregorio, Piño < Pepiño. o uso de sons palatais: Chencha / Xenxa < Inocencia, Chinto < Xacinto. a combinación de todos eles: Ducho < Cándido, Xeluca < Anxela, Chon < Asunción.
Os hipocorísticos tamén sofren transformacións fonéticas dificilmente explicables: Francisco > Farruco / Fuco. Ademais, algúns hipocorísticos acábanse consolidando e orixinando nomes 'novos', como Cataliña > Catuxa, Anxela > Xela, Isabel > Sabela, Alexandre > Xandre etc.
Hipocorísticos de nomes masculinos simples
Afonso - Afon, Fonsi, Fonso, Fon Alberte / Albertos - Berto , Beto Alexandre - Alex, Xano, Ale, Xandre André / Andrés - Necho, Nes Antonio / Antón - Tonecho, Tocho, Tucho, Toneco, Toño, Totó, Ton, Tono, Toni, Toniño Anxelo - Xeluco, Xelucho, Xelo Arxemiro - Miro Bruno - Bru, Buno Camilo - Milo, Ca, Cacá Carlos - Carlo Calolo, Lolo, Calucho, Liños Daniel - Dan, Dani Domingos - Mingos Eduardo - Educho, Lalo, Edu, Edi Emilio - Milucho, Miluco, Milo Filipe - Fe, Lipe Fernando - Nando, Fer Francisco - Farruco, Fuco, Pucho, Paco, Pacucho, Chuco, Panchulo, Fran, Rucho, Pancho, Chico, Quico Frederico - Rico, Quico Gabriel - Gabri Gregorio - Gorecho, Goro Guillerme / Guillelme - Gui, Guiga, Guille Gustavo - Guga, Gu, Gus, Tavo Hadriano/Hadrián - Hadri, Dri Henrique - Quique, Rique Humberto - Húmber, Humber, Beto, Berto Ignacio / Inacio - Nacho Leandro - Le, Leco Leonardo - Leo Luís / Lois - Lula, Luisiño, Liño, Lis Manuel - Manolo, Lolo, Locho, Manecho, Nel, Lelo, Nelo, Manel, Maneco, Neco, Manu Nicolás - Colás, Nico Rafael - Rafa, Rafel, Fel Raimundo - Mundo, Mun, Diño, Rai Ramiro - Miro, Mucho Ramón - Moncho Ricardo - Cardocho, Carducho, Rico, Ricucho Roberto - Berto, Beto, Róber Rodrigo - Roi, Digo, Guigo, Rodri Rubén - Biño, Rubi, Ben Santiago - Santi, Chago Sebastián - Sebas, Tián, Bastián Vicente - Vituco, Chente Vítor - Vitolo, Vituco, Vitocho, Vito Xacinto - Chinto Xerardo - Xe, Xer Xoán - Xan Xoaquín - Xaquín, Xocas, Quinocho, Quin, Quico Xosé- Xepe, Pepe, Che, Cheíño, Piño, Pucho, Pepote, Cheíño, Cheché, Xo, Xose, Se
Hipocorísticos de nomes femininos simples Alexandra - Ale, Le, Xandra, Xana Amalia - Malucha Amanda - Manda, Ami Amelia - Meluca Asunción - Xonxa, Chona, Choncha, Chon Beatriz - Bea Benigna - Benucha, Nucha Camila - Mila, Ca, Cacá Carme - Carmela, Carmiña, Carmucha, Mucha, Mela, Claudia - Cacau, Clau Cristiana - Cris, Crica Daniela - Dani Dolores - Lola, Loló, Lolecha Eliana - Lía, Liña Elvira - Viruca, Virocha, Virucha Fernanda - Fe, Nanda, Feciña, Nana Francisca - Quica, Pacucha, Farruca, Pucha, Rucha Gabriela - Biela, Gabi Hadriana - Drica, Dri, Hadri, Hadi Helena - Lena, Lenuca Inmaculada - Inma, Adiña Isabel - Sabela, Belucha, Beliña, Chabela, Beluca, Sabel, Bel, Isa, Belisa Isadora - Dora Luz - Lucha Madalena - Mada Manuela - Manola, Nola, Nela, Lela, Manu María - Maruxa, Maúca, Uca, Maruca, Marucha, Marica, Mariquiña, Mari María Dolores - Malores, Maloles, Maló, Madó, Mariló María Elena - Malena María Luísa - Marisa María Xesús - Chus, Chusa, Chuchú Matilde - Matusa, Matuca, Matucha, Mati Mercedes - Merche, Chiruca Mónica - Moca, Moni, Quiña Natalia - Nati Patricia - Pati Paula - Pauliña, Pau Pilar - Pilocha, Pitusa, Pilara, Pili Prudencia - Pencha Tereixa - Teruca, Terela, Terucha, Teté Vanessa - Nessa, Van, Vane Vitoria - Totora, Toia, Vi Xosefa - Pepa, Sefa, Sesa, Sesé, Chefa, Pepucha, Fina, Finuca, Finucha Xuliana / Xiana - Xiá
Véxase tamén Alcume Pseudónimo Nome artístico
Bibliografía
Boullón Agrelo, Ana Isabel (2007): 'Farruco, Paco, Fran: datos históricos e evolución dos hipocorísticos en Galicia', Revista Galega de Filoloxía 8, 11-56.
Categoría:Antroponimia