Alejandro Dopico Saleta, nado en Corme (Ponteceso) en 1907 e finado na Coruña o 9 de outubro de 1937, foi un mariñeiro e sindicalista galego.

Traxectoria miniatura|Monumento aos mártires do Portiño, co nome de Alejandro Dopico Saleta.

Mariñeiro. Membro das Juventudes Libertarias. Foi secretario de El Despertar Marítimo, Sindicato de Industrias Pesqueiras da CNT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochouse. Foi un dos participantes da fuxida do Portiño. O 3 de marzo de 1937, cando intentaba escapar por mar a Francia foi arrestado no Portiño."Se ahogan en San Pedro varios marxistas", Hoja Oficial del Lunes, 8-3-1937, p. 6.El Ideal Gallego, 9-3-1937, p. 4.El Correo Gallego, 9-3-1937, p. 2. Xulgado en consello de guerra na Coruña o 5 de xuño,El Ideal Gallego, 6-6-1937, p. 2. foi condenado a morte. Foi pasado polas armas o 9 de outubro de 1937 con José García Vázquez, Salvador Domingo Lliso, Ramón Díaz Valeiro, Ramón González Canosa, Manuel Bergantiños Pose, Antonio Vidal González, Antonio Lorenzo García, Francisco Díaz Moreno, Luis Lafuente Naveira, Manuel Baldomir Vázquez, Ramiro Fontenla Andújar, Manuel Tellado Villar, José Rodríguez Serantes e Federico Rivadulla Gómez.El Ideal Gallego, 10-10-1937, p. 2.El Compostelano, 11-10-1937, p. 4. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Ponteceso Categoría:Nados en 1907 Categoría:Finados en 1937