Odilo Masid Masid, nado en Piñor (Barbadás) en 1905, foi un sindicalista e militar galego.
Traxectoria miniatura|Monumento en Oza ós ocupantes da embarcación La Libertaria, obra de Jorge Pastor.
Emigrado na Habana entre 1927 e 1930. Ao seu retorno participou na organización da Asociación de Campesinos de Piñor. Afiliado á CNT. Despois de participar na resistencia ao golpe militar en Barbadás, logrou chegar á Coruña e, desde alí, participou na fuga da motora La Libertaria en xaneiro de 1937. En Asturias militou na Agrupación Confederal Galaica, no Socorro Rojo Internacional e ingresou no Batallón Galicia, do que foi elixido Comisario político da 3ª Compañía. Foi ferido en combate en febreiro de 1937 na ofensiva contra Oviedo.
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas El Batallón Galicia nº 19
Categoría:Anarquistas de Galicia Categoría:Sindicalistas da CRG Categoría:Militares de Galicia Categoría:Nados en Barbadás Categoría:Nados en 1905 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes