O Partido Socialista de Navarra (PSN-PSOE) (en éuscaro Nafarroako Alderdi Sozialista) é a federación do Partido Socialista Obreiro Español na Comunidade Foral de Navarra. Constituíse en xuño de 1982, cando a Agrupación Socialista de Navarra do PSOE, integrada até aquelas no Partido Socialista de Euskadi (PSE), segregouse deste para formar a súa propia federación.

Gobernou Navarra en tres ocasións, ostentando en dúas delas a presidencia: 1984-1991 (con Gabriel Urralburu como presidente e en solitario), e en 1995-1996 (con Javier Otano como presidente, e en coalición con CDN e EA). De 2011 a 2012 gobernou en coalición con UPN (con Yolanda Barcina como presidenta e Roberto Jiménez como vicepresidente do goberno).

O 15 de xuño de 2012, a presidenta do Goberno de Navarra, Yolanda Barcina, destituíu o vicepresidente e secretario xeral do PSN, Roberto Jiménez, acusándoo de "comportamento desleal" por ter denunciado un déficit nas contas públicas da comunidade foral. Este feito provocou o abandono do PSN do goberno e o seu paso á oposición.Barcina destituye a Jiménez y el PSN abandona el Gobierno Foral , EiTB, 15 de xuño de 2012.

Líderes Desde a súa fundación en 1982, o PSN tivo como secretarios xerais a: Gabriel Urralburu (1982-1994) Javier Otano (1994-1996) Juan José Lizarbe (1997-2004) Carlos Chivite (2004-2008) Roberto Jiménez (2008-)

Organización xuvenil A organización xuvenil afín ao PSN-PSOE é Juventudes Socialistas de Navarra ("Nafarroako Gazte Sozialistak" en éuscaro e cooficialmente), e está integrada nas Xuventudes Socialistas de España.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do PSN-PSOE Páxina Oficial das Juventudes Socialistas de Navarra-Nafarroako Gazte Sozialistak

Categoría:Federacións autonómicas do PSOE Categoría:Partidos políticos de Navarra