miniatura|230px|Gorxa do tiburón anguía. Obsérvese como o primeiro par de fendeduras branquiais é continua a través dela. miniatura|230px|Dentes do tiburón anguía.

O tiburón anguíaRodríguez Solórzano et al. (1983), p. 31.Rodríguez Villanueva et al. (1992), p.42.Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8. (Chlamydoselachus anguineus) é unha das dúas especies existentes de tiburóns da familia dos clamidoseláquidos (Chlamydoselachidae), que se distribúe, ampla pero irregularmente, polos océanos Atlántico e Pacífico.

Esta especie pouco común áchase na plataforma continental exterior e na parte superior do noiro continental, polo xeral cerca do fondo. Presentando varias características primitivas, considérase como un fósil vivente.

Alcanza unha lonxitude de até 4 m e corpo, de cor parda escura, parecido ao duna anguía.

As aletas pectorais son curtas e arredondadas. A aleta dorsal única, pequena, está colocada moi atrás, fronte á aleta anal, e ten a marxe arredondada. As aletas pelvianas e a anal son grandes e arredondadas. A aleta caudal é moi longa e de forma máis ou menos triangular, sen un lóbulo inferior ou unha incisura ventral no lóbulo superior.Paul, L. e Fowler, S. (2003): Chlamydoselachus anguineus na Lista Vermella da IUCN. Versión 2021-3 Cosultada o 1/03/2022.

Presenta un par de pregas de pel grosa ao longo do ventre, de función descoñecida, separadas por sucos.

Descrición As principais características desta especie son: Corpo moi alongado e cilíndrico, como o da anguía, algo comprimido na parte posterior, con quillas prominentes no ventre. Cabeza con seis fendeduras branquiais separadas por septos saíntes e coas parte inferior da primeira conectando coa correspondente do outro lado da gorxa. Ollos laterais, sen membrana nictitante. Fociño extremadamente curto e truncado. Boca terminal moi grande, con dentes dispostos en varias fileiras en ambos os dous maxilares; os dentes non están serrados, e presentan tres cúspides principais e dous dentículos máis pequenos en cada un deles. Unha soa aleta dorsal. Cor parda escura en todo o corpo, cunha liña máis escura ao longo do lombo, máis ou menos visíbel.

Historia natural Mesopeláxico ou bentónico, vive sobre fondos entre os 200 e os 1 100 m de profundidade. Aliméntase de peixes. Ovovivíparo con ovos grandes que, despois dunha xestación de 1 a 2 anos, producen camadas de 4 a 12 crías que miden ao nacer uns 60 cm.

Estado de conservación A Unión Internacional para a Conservación da Natureza (IUCN) avaliou esta especie como NT (medianamente ameazada), xa que dada a súa taxa de reprodución moi baixa, e aínda que no ten interese comercial, as capturas accidentais poden chegar a esgotar a súa poboación.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Allen, Thomas B. (1999): The Shark Almanac. Nova York: The Lyons Press. ISBN 1-55821-582-4. Compagno, Leonard; Marc Dando & Sarah Fowler (2005): Sharks of the World. New Jersey: Princeton University Press. ISBN 0-691-12072-2. Rodríguez Solórzano, Manuel; Sergio Devesa Regueiro e Lidia Soutullo Garrido (1983): Guía dos peixes de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-433-4. Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1992): Peixes do mar de Galicia. (I) Lampreas raias e tiburóns. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-654-8.

Outros artigos Tiburóns Hexanquiformes Clamidoseláquidos

Ligazóns externas Taxonomía e características Chlamidoselachus anguineus en Animal Diversity Web. Consultada o 2/12/2012. Chlamidoselachus anguineus en FishBase. Consultada o 2/12/2012. Chlamydoselachus anguineus en ITIS. (en inglés) Consultada o 20/04/2020. Chlamidoselachus anguineus en World Register od marine Species. Consultada o 2/12/2012.

Vídeo Vídeo educativo dun tiburón anguía Filmado o 23 de xaneiro de 2007. Consultado o 2/12/2012.

Categoría:Hexanquiformes Categoría:Animais descritos en 1884