Manuel Brañas Cancelo, nado en Serantes en 1909 e finado en Vigo o 19 de xaneiro de 2012, foi un militante galeguista.
Traxectoria Estudou na Escola de Maquinistas da Armada de Ferrol. Foi simpatizante do Partido Galeguista. Maquinista terceiro da Armada destinado no Polígono de tiro naval Janer e dende xullo de 1935 no canoneiro Cánovas del Castillo.El Correo Gallego, 7-7-1935, p. 3. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, por lealdade á república e ao goberno legal, negouse a integrarse no exército rebelde. Estivo preso no buque prisión Plus Ultra, acusado de desafecto á rebelión. Foi desterrado a Haro. En 1939 foi separado do servizo como terceiro maquinista da Armada.BOE, 11-3-1939, p. 3201. Despois da guerra colaborou con Isidro Parga Pondal na empresa Kaolines de Laxe e máis tarde traballou en Pescanova.
Vida persoal
Casou en Vimianzo con Benedicta Pérez Lema en 1946,El Ideal Gallego, 8-1-1946, p. 2. e foi pai de Manuel e Xosé María Brañas Pérez.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Aqueles mozos galeguistas: Os irmáns Brañas
Categoría:Políticos do Partido Galeguista Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1909
Categoría:Finados en 2012 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes