Neurosis é unha banda estadounidense de post-metal procedente de Oakland (California). Formarona no ano 1985 o guitarrista Scott Kelly, o baixista Dave Edwardson, e o batería Jason Roeder, inicialmente como un grupo de crust punk. Chad Salter uniuse como segundo guitarrista e apareceu no seu álbum de estrea en 1987, Pain of Mind, e despois Steve Von Till substituíuno en 1989. Ao ano seguinte, a formación ampliouse aínda máis para incluír un teclista e un artista visual. Comezando co seu terceiro álbum Souls at Zero (1992), Neurosis transformou o seu son hardcore incorporando diversas influencias como o doom metal e a música industrial, chegando a ter un papel destacado na aparición dos xéneros post-metal e sludge metal.

A formación da banda estabilizouse en 1995 coa incorporación de Noah Landis, que substituíu a Simon McIlroy nos teclados e na electrónica. Ese mesmo ano formaron o grupo de música experimental Tribes of Neurot e, en 1999, o selo discográfico Neurot Recordings. Esta formación permaneceu estable ata 2019, cando a banda se separou de Kelly despois de descubrir o seu historial de violencia doméstica contra a súa familia, aínda que isto non sairía á luz ata agosto de 2022 por respecto á privacidade dos membros da familia de Kelly. O grupo estivo en pausa desde entón e, no presente, non hai información sobre se continuará ou se disolverá.

Neurosis obtivo o recoñecemento da crítica ao longo dos seus 11 álbums de estudio. A BBC recoñeceulles o mérito de levar "a música heavy a espazos previamente inimaxinables... [e dar forma] á resposta definitiva do metal ao século XXI".

Discografía Álbum Ano Selo Pain of Mind 1987 Alchemy Records The Word as Law 1990 Lookout! Records Souls at Zero 1992 Alternative Tentacles Enemy of the Sun 1993 Alternative Tentacles Through Silver in Blood 1996 Relapse Records Times of Grace 1999 Relapse Records A Sun That Never Sets 2001 Relapse Records The Eye of Every Storm 2004 Neurot Recordings/Relapse Records Given to the Rising 2007 Neurot Recordings Honor Found in Decay 2012 Neurot Recordings Fires Within Fires 2016 Neurot RecordingsAn Undying Love for a Burning World2026

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Grupos musicais de post-metal Categoría:Grupos musicais de sludge metal Categoría:Grupos musicais de hardcore punk Categoría:Grupos musicais de crust punk Categoría:Grupos musicais de metal experimental Categoría:Grupos musicais de Oakland Categoría:Grupos musicais formados en 1985