O Círculo Lingüístico de Praga ou Escola de Praga (en checo Pražský lingvistický kroužek, en ruso Пражский лингвистический кружок - Pražskij lingvističeskij kružek, en francés Cercle linguistique de Prague) foi un grupo de críticos literarios e lingüistas establecidos na cidade de Praga, parte do múltiplo movemento chamado Formalismo ruso. Os seus membros desenvolveron métodos de estudos semióticos e de análise estruturalista entre os anos 1928 e 1939. Despois da segunda guerra mundial e tralo golpe de estado de Checoslovaquia de 1948 o Círculo desfíxose, mais a Escola de Praga seguiu a ter influencia no funcionalismo lingüísticoHymes, D.: "Prague Functionalism" en American Anthropologist, 84, 2, p. 398). ..
O Círculo incluía emigrados rusos como Roman Jakobson (o seu vicepresidente até a súa marcha de Checoslovaquia en 1939), Nikolai Trubetzkoy ou Sergei Karcevskiy, así como importantes estudosos da literatura como René Wellek e Jan Mukařovský. O primeiro presidente do Círculo foi o lingüista Vilém Mathesius, até a súa morte en 1945.
Jakobson e o Círculo Roman Jakobson, figura central do Formalismo ruso, participara tanto no Círculo Lingüístico de Moscova como na Sociedade para o Estudo da Linguaxe Poética (OPOJAZ) de San Petersburgo, antes de mudarse a Checoslovaquia en 1920, onde fundou o Círculo Lingüístico de Praga en 1926. A súa formación recibiu a influencia da Escola Kazan, de Ferdinand de Saussure (cuxo traballo foi levado a Moscova por Sergej Karcevskij en 1917) e pola forte tradición rusa das dialécticas hegeliana e posthegeliana. Linda R. Waugh e Monique Monville-Burston (1990, p. 4) suxiren que "a influencia máis forte sobre o pensamento de Jakobson foi o axitado movemento artístico de comezos do século XX, especialmente as obras da vangarda literaria e artística: Picasso, Braque, Stravinsky, Joyce, Xlebnikov ou Le Corbusier".
Jakobson destaca que o Círculo Lingüístico de Praga está estreitamente ligado ás correntes contemporáneas tanto da lingüística occidental como da lingüística rusa: as realizacións metodolóxicas da lingüística francesa, a fenomenoloxía alemá (Husserl) e a pretendida síntese das escolas polaca (de Courtenay) e rusa (Fortunatov). Jakobson definiu a súa teoría da estrutura da linguaxe en contraste coa de Saussure, que consideraba ao tempo demasiado abstracta e demasiado estática. Jakobson tratou as formulacións dicotómicas (langue/parole, sincronía/diacronía) de Saussure dunha forma dialéctica, insistindo na estreita relación entre forma e significado, nunha situación de sincronía dinámicaWAUGH & MONVILLE-BURSTON, 1990, p. 9..
Membros Alena Macurová Bohumil Trnka Bohuslav Havránek František Čermák Jan Mukařovský Josef Hrabák Josef Vachek Karel Oliva Miloš Weingart Miroslav Červenka Nikolai Trubetzkoy Oldřich Leška Pavel Trost Petr Bogatyrev René Wellek Roman Jakobson Sergej Karcevskij Tomáš Hoskovec Vilém Mathesius Vladimír Skalička
Contribuíntes Albert Willem de Groot Aleksandar Belić André Martinet Daniel Jones Émile Benveniste Karl Bühler Lucien Tesnière
Influencias Alf Sommerfelt Austin Warren Dell Hymes Jan Firbas Jan Niecisław Baudouin de Courtenay Jaroslav Peregrin Jaroslav Vacek Joseph Greenberg Jože Toporišič Louis Hjelmslev Lubomir Dolezel Michael Halliday Michael Silverstein Viktor Shklovsky
Notas
Bibliografía J. Guinsburg (org.) Círculo lingüístico de Praga. SP: Perspectiva. ISBN 85-273-0398-1. "Estruturalismo e Pós-Estruturalismo", artigo de Michael Peters . Jean Piaget. O estruturalismo (1968).
Véxase tamén Ligazóns externas Círculo Lingüístico de Praga .
Categoría:Escolas lingüísticas