Arturo Valls Mollá, nado en Valencia o 24 de marzo de 1975, é un actor e presentador de televisión español.
Biografía Naceu no barrio de La Punta (Valencia). Estudou no instituto San Vicente Ferrer. Comezou a carreira de Xornalismo en Valencia, a cal abandonou cando empezou como reporteiro nunha televisión local da mesma cidade (Valencia Te Ve), un magacín presentado por Laura Pérez Vehí chamado La luna de Valencia, e tendo como compañeira de programa a Carmen Alcayde.
O seu debut nunha televisión nacional foi en 1996, como reporteiro na primeira etapa de Caiga Quien Caiga, que presentaba o Gran Wyoming. Unha vez que finalizou o programa en 2002, foi fichado pola FORTA, onde presentou o programa X cuánto?, que se emitiu en varias cadeas autonómicas españolas como Telemadrid ou Canal 9 e posteriormente presentou o espazo de zapping Licencia para mirar, onde protagonizou monólogos e sketches.
Máis tarde colaboraría con Florentino Fernández e Nuria Roca no programa de humor UHF de Antena 3. Despois presentou durante un curto espazo de tempo Los Más, xunto a Silvia Jato. Finalmente, recalou de novo en Telecinco, substituíndo durante uns meses a Jesús Vázquez como presentador do concurso Allá tú. Tamén participou na serie Gominolas, emitida por Cuatro, que só durou 7 capítulos en antena.
Interveu ocasionalmente en capítulos de varias series televisivas como Un paso adelante, 7 vidas e Aída. Por outra banda, desenvolveu a súa faceta de actor na gran pantalla nas películas El corazón del guerrero e Torrente 2: Misión en Marbella.
Foi Jesús Quesada en Camera Café e posteriormente interpretou o mesmo personaxe en ¡Fibrilando!. Tamén colaborou esporadicamente en Muchachada Nui.
En 2008 filmou a película 8 citas xunto a Fernando Tejero entre outros.
En decembro de 2009 estrea o programa Vaya tropa en Cuatro que é retirado pouco despois polos seus baixos índices de audiencia. En xullo de 2010 protagoniza a parodia La isla de los nominados e no verán de 2011 ficha por Antena 3 para presentar o concurso ¡Ahora caigo!, concurso que na súa primeira emisión fíxose co liderado da noite e co minuto de ouro, sendo un gran triunfo.
Tras aparecer como invitado especial na primeira edición do programa Tu cara me suena, na segunda edición é un dos oito concursantes.
O 23 de outubro de 2012 Arturo Valls presentou xunto a Patricia Conde a gala dos Neox Fan Awards en Neox.
Televisión Caiga Quien Caiga (1996-2002, 2005-2007) en Telecinco. X cuánto? (2003) en FORTA. Licencia para mirar (2003) en Telemadrid. UHF (2004) en Antena 3. Los Más (2004) en Antena 3. ¡Allá tú! (2005) en Telecinco. Camera Café (2005-2009) en Telecinco. Gominolas (2007) en Cuatro. ¡Fibrilando! (2009) en Telecinco. Vaya tropa (2009-2010) en Cuatro. Pelotas (2010) en La 1. La isla de los nominados (2010) en Cuatro. BuenAgente (2011) en laSexta ¡Ahora caigo! (2011-actualidade) en Antena 3, presentador. Museo Coconut (2011-actualidade) en Neox colaborador/protagonista. Neox Fan Awards (2012-actualidade) Neox, presentador. Tu cara me suena (2012-actualidade) Antena 3, Concursante.
Filmografía Perdiendo el Norte (2014) 8 citas (2008) Bee Movie interpretando a Barry (dobraxe) (2007) Casual Day (2007) Torrente 2: Misión en Marbella (2001) Severo Ochoa. La conquista de un Nobel interpretando a Dalí (Telefilm) (2001). El corazón del guerrero (2000)
Música Participación como cantante na gravación do disco "Los pitufos maquineros".
Premios Fotogramas de Prata 2006 - Mellor actor de televisión Neox Fan Awards - Mellor presentador de televisión
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Entrevista en 20 minutos (15 de decembro de 2006) Entrevista en La Guía TV (21 de xullo de 2006) Entrevista en Las Provincias (16 de maio de 2006) Entrevista en 20 minutos (27 de setembro de 2005) Vídeo: reportaxe de Arturo Valls para CQC Vídeo Arturo Valls interpretando a Jesús Quesada en Camera Café
Categoría:Actores da Comunidade Valenciana Categoría:Actores de televisión Categoría:Presentadores de televisión da Comunidade Valenciana Categoría:Nados en Valencia Categoría:Nados en 1975